Paula Fernández considera que a LOMCE é unha Lei que "discrimina, marxina, e que supoñerá un retroceso na equidade e na calidade da educación"

Paula Fernández considera que a LOMCE é unha Lei que "discrimina, marxina, e que supoñerá un retroceso na equidade e na calidade da educación"

Paula Fernández considera que a LOMCE é unha Lei que "discrimina, marxina, e que supoñerá un retroceso na equidade e na calidade da educación"

A parlamentaria socialista recorda que esta Lei iniciou a súa andaina no Senado, cuxo prazo para presentar emendas foi ampliado, a petición dun total de 41 senadores do Grupo Socialista, CiU, Entesa, Grupo Vasco e Grupo Mixto, ata o próximo día 31 de outubro.

A senadora galega, que forma parte da Comisión de Educación, participará durante a tramitación da Lei, intervindo en nome do seu grupo parlamentario na defensa dun bloque de emendas destinadas a referidas ao ensino e a súa ordenación (infantil, primaria, bacharelato) e sobre a avaliación do sistema educativo.

Noutra orde de cousas, Fernández Pena sinala tamén que o próximo martes, día 29, a Comisión Xeral das Comunidades Autónomas celebrará -a primeira reunión nesta Lexislatura- para abordar o contido autonómico da LOMCE e subliña que esta reunión foi reclamada, a través dun escrito presentado no rexistro da Cámara, por todas as forzas parlamentarias a excepción do Grupo Popular

A senadora socialista pola Comunidade Autónoma de Galicia, Paula Fernández Pena, afirmou que a Lei Orgánica para a Mellora da Calidade Educativa (LOMCE) non é unha lei froito do consenso e, como tal, non debería aprobarse. "É unha Lei que discrimina, marxina, e que supoñerá un retroceso na equidade e na calidade da educación", precisou.

Fernández Pena, tras mostrar o seu apoio explícito á xornada de folga xeral do ensino contra a LOMCE e os recortes que se celebra hoxe en toda España, insistiu que se trata dunha Lei "cun marcado carácter ideolóxico ao estilo Wert" e que "aínda que o PP conte con votos abondo para sacala adiante, sen ningún tipo de consenso, a Lei vai esnaquizar moitas ilusións e o futuro de moitos". Na súa opinión, aínda que o PP siga nesa deriva de aniquilar todo o público, "esta Lei ten data de caducidade".

A parlamentaria socialista recorda que o citado proxecto de Lei iniciou a súa andaina no Senado, cuxo prazo para presentar emendas foi ampliado, a petición dun total do 41 senadores do Grupo Socialista, CiU, Entesa, Grupo Vasco e Grupo Mixto, ata o próximo día 31 de outubro.

Unha vez concluído este trámite, a senadora galega, que forma parte da Comisión de Educación, participará durante a tramitación da Lei, intervindo en nome do seu grupo parlamentario na defensa dun bloque de emendas referidas ao ensino e a súa ordenación (infantil, primaria, bacharelato) e sobre a avaliación do sistema educativo.

Noutra orde de cousas, Fernández Pena sinala tamén que o próximo martes, día 29, a Comisión Xeral das Comunidades Autónomas celebrará -a primeira reunión nesta Lexislatura- para abordar os contidos da LOMCE e subliña que esta reunión foi reclamada, a través dun escrito presentado no rexistro da Cámara, por todas as forzas parlamentarias a excepción do Grupo Popular.

32641281A

Artigos relacionados

Deixar a resposta

Pechar