Patricia Vilán reclámalle a Sogama que destine os case 90.000 euros que pagan en avogados a incrementar o seu orzamento e impulsar a prevención, reutilización e reciclaxe

Patricia Vilán reclámalle a Sogama que destine os case 90.000 euros que pagan en avogados a incrementar o seu orzamento e impulsar a prevención, reutilización e reciclaxe

Patricia Vilán reclámalle a Sogama que destine os case 90.000 euros que pagan en avogados a incrementar o seu orzamento e impulsar a prevención, reutilización e reciclaxe

A portavoz de Medio Ambiente denuncia que a entidade pagou 58.000 euros a un despacho de avogados para prevención de imputacións delictivas e outros 29.000 para distintos servizos

A portavoz de Medio Ambiente, Patricia Vilán, recomendoulle hoxe a Sogama que destine os case 90.000 euros que lle pagou a un despacho de avogados a impulsar a prevención, reutilización e reciclaxe de residuos. A responsable socialista presentou unha pregunta sobre o programa Recíclate con Sogama na Comisión de Medio Ambiente do Parlamento.

Vilán lamentou que en lugar de impulsar a xestión de residuos atendendo ás directrices comunitarias, que minoran a incineración e eliminación, a entidade teña pagado a unha firma de avogados un total de 57.820 euros para elaborar un programa de prevención de imputacións delictivas, que foi ampliado en outros 29.028 para a ampliación do servizo.

A responsable socialista animou aos responsables da entidade a destinar estas partidas a impulsar a prevención, reutilización e reciclaxe xa que, dixo, actualmente só destinan ao programa Recíclate con Sogama o 0,3 por cento do orzamento da entidade. Sinalou que a UE esixe esta xerarquía, deixando a valorización enerxética e eliminación para un uso residual, o contrario que fai o goberno galego, que prioriza a incineración de residuos.

Explicou que o Plan de Residuos de Galicia establece que a incineración supón o 70 por cento dos residuos totais xerados pola Comunidade Autónoma, co que “somos a primeira Comunidade Autónoma de España por volume incinerado, por riba de calquera dos membros da UE, nos que a media de incineración sitúase no 20 por cento”.

Malia ir contra as normativas comunitarias, engadiu, a Xunta vén de impoñer unha suba do recibo do lixo nun 34 por cento, tendo en conta que o sobrecuste estará destinado á queima de detritos e non á súa reciclaxe. Explicou que os concellos “contrataron un sistema de xestión de residuos baseado na xerarquía obrigatoria da UE, e pagan o canon pola execución desa xerarquía, non pola incineración nin polo vertedoiro”.

32641281A

Artigos relacionados

Deixar a resposta

Pechar