Patricia Vilán acusa á Xunta de non ter feito “nada” para a mellora dos servizos hidráulicos

Patricia Vilán acusa á Xunta de non ter feito “nada” para a mellora dos servizos hidráulicos

Patricia Vilán acusa á Xunta de non ter feito “nada” para a mellora dos servizos hidráulicos

Patricia Vilán advirte que a xestión desastrosa da Xunta provoca a segunda sanción da UE polos retrasos nos plans de xestión das concas hidrográficas e critica a paralización das infraestruturas hidráulicas

patrcia vilanA portavoz de Medio Ambiente do Grupo Socialista, Patricia Vilán, acusou ao conselleiro de Medio Ambiente de non ter feito “nada” para a mellora dos servizos hidráulicos de Galicia. Na comparecencia do conselleiro no Pleno do Parlamento, a responsable socialista censurou o desleixo do goberno galego para a mellora dos servizos hidráulicos.

A deputada socialista advertiu que o fracaso na xestión do goberno galego ten provocado a segunda sanción da UE polos retrasos na elaboración de plans de xestión das concas hidrográficas. A situación chegou a que Galicia mesmo ten que pagar as costas do xuízo do Tribunal da UE e alertou que o incumprimento das obrigas impostas pola UE en 2000 pode provocar a perdas dos fondos comunitarios.

Vilán lembrou que, como evidencia esta sentencia, malia os compromisos acadados no Plan de infraestruturas hidráulicas 2009 – 2013, e os compromisos de investimentos ratificados polo conselleiro en 2011, a consecuencia foi que as infraestruturas encetadas foron “ningunha”. Mesmo puntualizou que os investimentos comprometidos pasaron de 139 millóns de euros en 2009 a 13 para o ano 2014.

Ademais, sinalou que a Xunta incumpriu as súas principais liñas de actuación nesta materia, partindo do control de vertidos e planificación do saneamento das rías, tal e como evidenciou o informe os eurodeputados da Comisión de Peticións do Parlamento Europeo, que permanece bloqueado polos eurodeputados da dereita.

Sinalou que na súa visita ás rías galegas, evidenciaron que as zonas produtivas están en grave perigo, os lodos da Ría do Burgo case tragan a un traballador que baixou por un dos peiraos, a factoría de Reganosa, en Ferrol, está demasiado próxima ás vivendas, e consideran “imprescindible que as autoridades aprendan a traballar coa sociedade civil para protexer e rexenerar as nosas rías”.

Lembrou que o goberno de Feijóo ten incumprido os seus principais compromisos na construción das estacións depuradoras de augas residuais de Monforte, O Grove, Ribeira, Sanxenxo ou Poio, mentres a de Vigo foi iniciada só polo compromiso do goberno central mentres era dirixido polo PSOE.

Subliñou que o goberno fracasou na elaboración dos plans de saneamento local da ría de O Burgo, como subliña o informe do Parlamento Europeo, e aínda non encetaron o saneamento da marxe sur da ría de Ferrol malia que dispoñían de 18 millóns de euros.

A deputada socialista engadiu que a Xunta “non ten feito nada de nada” para a continuidade dos convenios de saneamento do rural nin no control de calidade das augas e planificación hidrolóxica comprometidos.

Lei de Augas
Patricia Vilán acusou ao goberno galego de ter duplicado os ingresos pola suba de impostos consolidada na Lei de Augas e explicou que, de acordo coas respostas ás preguntas escritas feitas á Consellería “levamos xa algo mais de 33 millóns de euros en canon de auga e coeficiente de vertedura” só entre xaneiro e xullo de 2013.

Criticou que a conclusión da Lei de Augas é que “van ser os cidadáns os que sufraguen a explotación do ente público Augas de Galicia”, que pasou de orzamentar 45,08 millóns en 2013 ata os 90,49 previstos para 2014 nas contas presentadas pola Xunta.

32641281A

Artigos relacionados

Deixar a resposta

Pechar