Patricia Otero toma posesión como nova deputada do PSdeG

Patricia Otero toma posesión como nova deputada do PSdeG

Patricia Otero toma posesión como nova deputada do PSdeG

A avogada laboralista, segunda tenente de Alcalde de Burela e concelleira de Servizos Sociais, Economía e Facenda e Mar tomou posesión hoxe do escano como deputada do Grupo Socialista. A nova parlamentaria socialista prometeu o seu cargo logo da saída da Cámara do xa ex deputado José Antonio Quiroga para presidir a Confederación Hidrográfica do Miño – Sil.

Otero, que é actualmente secretaria de Igualdade da Executiva Provincial do PSdeG-PSOE de Lugo, é licenciada en Dereito especializada en dereito laboral logo de traballar como orientadora laboral de UXT – Galicia, monitora do Instituto de Formación e Estudos Sociais, e avogada laboralista como autónoma.

jacobo

Artigos relacionados

Deixar a resposta

This site uses Akismet to reduce spam. Learn how your comment data is processed.

Pechar