Pasou o tempo de admitir enganos co AVE Lugo - Ourense

Pasou o tempo de admitir enganos co AVE Lugo - Ourense

Pasou o tempo de admitir enganos co AVE Lugo – Ourense

O deputado socialista Luis Álvarez Martínez sinalou hoxe que “pasou o tempo de admitir tanta prórroga e tanto abandono” do goberno central nas obras do AVE entre Lugo e Ourense. Álvarez presentou unha pregunta na sesión de control ao goberno no Pleno de hoxe na que reivindicou o comezo inmediato das obras.

O deputado socialista citou as verbas do propio presidente da Xunta para sinalar que “os de Lugo tampouco lle somos parvos”, logo de que aludira a estas infraestruturas sinalando que “estamos no último cuarto do partido e case sempre hai prórrogas”. Dixo que “levamos demasiados anos esperando que se faga a conexión” e reivindicou “igualdade de trato co resto dos galegos” sen máis aprazamentos.

Álvarez ironizou coa “tranquilidade” que ofreceu o portavoz do PP no Senado, José Manuel Barreiro, quitándolle importancia ao retraso nas obras da Intermodal de Lugo porque o AVE chegaría a esta cidade “máis tarde que a Ourense”.

Salvar ao soldado Feijóo

O parlamentario socialista ligou a paralización das infraestruturas galegas coa situación política de Feijóo dentro do PP, que logo de revalidar a súa maioría absoluta foi ninguneado cunhas declaracións do ministro de Fomento rebaixando e dilatando a conexión ferroviaria con Galicia. Estas palabras tiveron que ser replicadas “en tromba”, dixo, polo PP galego nunha sorte de “remake da película Salvar ao Soldado Feijóo”.

jacobo

Artigos relacionados

Deixar a resposta

Pechar