Pasividade interesada da Xunta para que os viticultores carezan de contratos homologados

Pasividade interesada da Xunta para que os viticultores carezan de contratos homologados

Pasividade interesada da Xunta para que os viticultores carezan de contratos homologados

O portavoz de Agricultura do Grupo Socialista, Pablo García, denunciou hoxe a “pasividade interesada” da Xunta e do PP á hora de impulsar os contratos homologados na compra – venda de uva co obxectivo de beneficiar ás adegas en contra dos viticultores. Así o dixo logo de que o PP vetara unha iniciativa socialista en Comisión precisamente para garantir contratos homologados nas denominacións de orixe.

García criticou que o PP queira “non tomar partido e non facer acción política para acabar beneficiando aos de sempre, ás adegas, que pagan pola uva en función da conta de resultados malia recibir axudas públicas á comercialización”. Acusou ao de “agochar” que defenden un modelo de viticultura centrado en adegas propietarias de viñedos, o que cualificou de “lamentable”.

Animou ao PP a “defender abertamente” as súas políticas pero, dixo, “non o defender e facelo é absurdo”. Lembrou así a negativa da Xunta a condicionar as axudas ao pago da uva ou favorecer con cartos públicos a replantación dos viñedos a favor das adegas é unha política coa que “en ningún caso compartimos”.

Os socialistas galegos defenden un modelo que defenda ao viticultores á hora de garantir uns prezos xustos, racionais e negociados e condicionar as axudas ás adegas a que se lle pague a uva ao produtor. Compartimos plenamente que se dediquen recursos públicos para referenciar e comercalizar mellor os nosos viños, pero iso tamén ten que rendundar nos prezos pagados ós viticultores.

Iniciativa

A iniciativa socialista, que foi vetada polo PP na Comisión de Agricultura, solicitaba a convocatoria urxente dun marco de negociación para poñer en marcha os mecanismos que garantan que a compra – venda de uva nas diferentes denominacións de orixe se faga “baixo a figura de contratos homologados”.

Ademais, reclama que os órganos de goberno dos consellos reguladores adopten “as medidas necesarias a fin de axustar o rendemento permitido por hectáreas á produción real”.

Finalmente, propón protexer o modelo de viticultura galego “baseado na existencia de viticultores profesionais”, e que este sexa primado nas convocatorias de axudas por parte da Xunta, “concretamente nas de promoción do sector en mercados de países terceiros e nas axudas para os investimentos en transformación e comercialización de produtos agrarios”.

jacobo

Artigos relacionados

Deixar a resposta

Pechar