Pasividade da Xunta para frear o deterioro de Santa Eulalia de Bóveda

Pasividade da Xunta para frear o deterioro de Santa Eulalia de Bóveda

Santa Eulalia de BóvedaA deputada socialista Concepción Burgo presentou na Cámara autonómica unha batería de iniciativas parlamentarias para denunciar a “total pasividade e abandono” do monumento de Santa Eulalia de Bóbeda, localizado a 14 quilómetros da cidade de Lugo, por parte do goberno galego.

Burgo lembra que a competencia sobre o seu coidado e mantemento correspóndelle ao executivo autonómico, que “o único que demostra é desidia” fronte a un dos elementos máis senlleiros do patrimonio cultural galego, cunha orixe que se remonta ao período tardorromado.

O seu alarmante estado evidencia a necesidade de “continuos traballos de vixilancia e mantemento para evitar o seu deterioro” que a Dirección Xeral de Patrimonio “deixou de facer dende a chegada de Feijóo ao Goberno” a pesares de que o seu estado “empeora co transcurso do tempo” e resulta evidente mesmo a simple vista.

Os socialistas reclámanlle á Xunta que inicie de forma inmediata as accións máis urxentes que permitan solventar os problemas que se manifestan no monumento e que elabore ademais, nun prazo máximo de 6 meses, un plan conxunto de investigación, rehabilitación, conservación e posta en valor de Santa Eulalia de Bóveda e o seu contorno.

jacobo

Artigos relacionados

Deixar a resposta

Pechar