Pasividade da Xunta fronte á Lei de Administración Local, declarada inconstitucional

Pasividade da Xunta fronte á Lei de Administración Local, declarada inconstitucional

A responsable de Política Institucional do Grupo Socialista, Marisol Soneira, criticou hoxe a pasividade e desleixo do goberno galego fronte á Lei de Administración Local. Así o dixo nunha pregunta oral no Pleno do Parlamento sobre esta norma, declarada parcialmente inconstitucional grazas ao recurso plantexado polo PSOE, os concellos e as autonomías de Andalucía, Asturias, Cataluña e Canarias e os parlamentos de Estremadura e Navarra.

Soneira lamentou que entre o catálogo de entidades que recorreron unha norma que vulnera a autonomía municipal e autonómica non se atope precisamente o goberno dunha Comunidade Autónoma histórica como Galicia. Na súa opinión, o goberno galego preferiu presentar un decreto inservible para “salvarlle a cara ao goberno amigo por riba dos intereses de Galicia” grazas a quen actuou como “conselleiro do PP”.

A deputada socialista sinalou a Alfonso Rueda como un dos principais responsables de que o gobenro glaego estivera de brazos caídos fronte a unha norma que constitúe un “ataque sen precedentes contra o municipalismo”. Esta, engadiu, trata aos concellos de menos de 20.000 habitantes como “incapaces” e que “obvia proximidade e a equidade na prestación de servizos públicos” dentro da “obsesión de Montoro contra os concellos”.

Explicou que a Lei “fai cousas incribles” como “atribuír competencias dos concellos pequenos a un órgano de elección indirecta” como son as deputacións provinciais, negándolles a capacidade de xestionar os seus recursos.

Alertou que a decisión do Goberno central de destinar todo remanente dos concellos a amortizar débeda os que deixa literalmente sen recursos aínda que teñan superávit, impedíndolles investir en infraestruturas e condenando ao peche a milleiros de empresas locais.

jacobo

Artigos relacionados

Deixar a resposta

Pechar