Pasividade da Xunta fronte á débeda de 111 millóns do Estado en materia de Dependencia

Pasividade da Xunta fronte á débeda de 111 millóns do Estado en materia de Dependencia

DependenciaA portavoz de Política Social do Grupo Socialista, Carmen Gallego, vén de presentar unha solicitude formal na que lle reclama ao goberno galego que presente a documentación que supostamente lle remitiu ao goberno central para reclamar os 111 millóns que este adebeda en materia da Lei de Dependencia.

A responsable socialista desafía ao Executivo autonómico a desmentir cos papeis oficiais que está a secundar a estratexia de derrubamento “pola vía dos feitos” deste dereito posto en marcha en 2007 polo goberno socialista presidido por Zapatero.

Lembra que a débeda corresponde ao recorte do nivel mínimo e a supresión do nivel acordado impostos unilateralmente a través do Real Decreto Lei 20/2012, que aínda non foron compensados polo Executivo central. Gallego alerta fronte a unha “inminente febre reivindicativa” do goberno galego “agora que albiscan un cambio no Executivo” e por iso esixe a “demostración documental das peticións tramitadas dende 2012”.

Gallego lembra que o estrangulamento das transferencias procedentes do Estado foi respondido dende o Executivo autonómico cunha “aínda maior redución de prestacións e de axudas impoñendo as reavaliacións dos graos de dependencia con novos criterios mais restritivos, así como polo incremento dos copagos”.

A deputada socialista denuncia a “deleznable e inhumana estratexia” aplicada pola Xunta dirixida a “forzar o abandono do sistema por parte dos dependentes”. Estes teñen que deixar as súas prestacións ao verse obrigados a destinar o 80 por cento dos seus ingresos só aos copagos, cando “malviven con pensións que roldan os 600 euros”.

jacobo

Artigos relacionados

Deixar a resposta

Pechar