Pasividade da Xunta diante do desplome da industria galega

Pasividade da Xunta diante do desplome da industria galega

Pasividade da Xunta diante do desplome da industria galega

automóbilO portavoz de Economía e Industria do Grupo Socialista no Parlamento de Galicia, Abel Losada, esixiulle hoxe ao conselleiro de Industria que dea conta do “desplome espectacular” da industria galega. Así o dixo logo de coñecer os últimos datos interanuais que alertan da parálise da actividade industrial galega, fomentada pola inacción do goberno, só preocupado na “estratexia PP: Publicidade e Propaganda”.

Losada lembrou que foi o propio conselleiro de Industria quen reclamou, na súa última intervención diante do Parlamento, menos atención ao Índice de Produción Industrial –IPI- e mais á Entrada de Pedidos na Industria –EPI-. Seguindo a súa recomendación, apunta que o último dato da EPI interanual entre marzo de 2014 e marzo de 2015 sitúa a Galicia á cola de todo o Estado “cunha enorme diferenza co seguinte clasificado”.

Así, a taxa de EPI para Galicia reflicte unha caída dun 36,7 por cento con relación ao ano anterior, mentres no conxunto de España sube un 2,4 por cento, case 40 puntos de diferenza, un “fracaso sen paliativos da xestión económica e industrial do goberno galego que arrastra a toda a economía galega”.

A este dato súmase que, a pesares dun contexto internacional favorable, coa caída do prezo do petróleo e unha política monetaria do BCE dirixida a fomentar as exportacións, estas baixaron en Galicia un 1,9 por cento no primeiro trimestre de 2015, en contra da tendencia do conxunto do Estado, onde aumentaron un 12,5 por cento.

Estes datos reflicten a “paralización da actividade económica de Galicia e a mostra palpable da incapacidade da Xunta de Galicia de apoiar ás empresas galegas, ás que deixa á deriva na busca de novos mercados”. Este fracaso, engadiu “pesará durante anos na economía das familias galegas e que quedará fixado como un dos principais lastres do goberno de Feijóo”.

32641281A

Artigos relacionados

Deixar a resposta

Pechar