O Parlamento pide unha investigación sobre a presenza de baleas azuis nas costas galegas

O Parlamento pide unha investigación sobre a presenza de baleas azuis nas costas galegas

O Parlamento pide unha investigación sobre a presenza de baleas azuis nas costas galegas

A Comisión de Medio Ambiente do Parlamento aprobou hoxe unha proposición non de Lei do Grupo Socialista para reclamarlle ao goberno central un estudo sobre a presenza de baleas azuis en Galicia. A portavoz de Medio Ambiente do Grupo Socialista, Patricia Vilán, advertiu de que “pode haber un recurso biolóxico e ata turístico que paga a pena”.

A responsable socialista levou á Cámara os recentes avistamentos de “como mínimo dous exemplares de balea azul na zona de Corrubedo”, cando na Europa continental e nas illas británicas “só existen cinco exemplares catalogados”. A Bottlenose Dolphin Research Institute –BDRI- de O Grove, sinala, ten concluído que estes cetáceos “non só están de paso”.

Apunta que estes investigadores, logo de atopar de novo un exemplar na última saída da tempada, que levaba en Galicia máis de un mes, e unha balea “jorobada”, a mesma de hai 20 días, os dous tranquilos e comendo.

Sinala que a día de hoxe non hai estudos sobre estes mamíferos mariños que poden ser avistados na ría de Arousa en concreto e na costa galega en xeral, polo que “con financiamento, poderíase facer estudos para documentar os hábitos destes espectaculares animais”.

Texto da iniciativa aprobada hoxe:

-“O Parlamento insta ao Goberno da Xunta de Galicia a demandar do Estado o financiamento dun estudo en profundidade, procurando a colaboración do sistema universitario galego e dos centros de investigación de interese, para averiguar si as costas de Galicia son realmente un corredor de paso para as baleas azuis, dando traslado puntual sobre as xestións co Estado aos Grupos Parlamentarios”.

jacobo

Artigos relacionados

Deixar a resposta

Pechar