O Parlamento aproba unha proposta socialista para impulsar a participación de arquitectos novos e estudos pequenos na adxudicación de proxectos

O Parlamento aproba unha proposta socialista para impulsar a participación de arquitectos novos e estudos pequenos na adxudicación de proxectos

O Parlamento aproba unha proposta socialista para impulsar a participación de arquitectos novos e estudos pequenos na adxudicación de proxectos

O Pleno do Parlamento aprobou hoxe por unanimidade unha proposta socialista para aplicar medidas de discriminación positiva que impulsen a participación de arquitectos novos e dos pequenos estudos na adxudicación de proxectos. Ademais, reclama o aumento dos concursos de ideas co obxectivo de acadar o 20 por cento no horizonte de 2020.

A portavoz de Vivenda do Grupo Socialista, María Pierres, presentou esta proposición non de Lei para paliar a falla de proxectos dos profesionais da arquitectura, que forman parte dun dos colectivos máis afectados pola crise económica. Puxo como exemplo que as 45.000 vivendas novas visadas en 2007 reducíronse ata tan só 1.149 en 2015.

Dixo que a actividade da construción rexistrada en 2017 supón tan só un 3,43 por cento da de 2007, ofrecendo menos de un proxecto anual por cada arquitecto colexiado, polo que reivindicou que os órganos de contratación autonómicos incentiven a participación destes profesionais nas contratacións de obra pública.

Os socialistas reclamaron reverter a falla de proxectos e de actividade, que provocou unha falla de experiencia nos profesionais, obrigados a reconducir a súa carreira a outras actividades profesionais ou a buscar traballo no estranxeiro. Lamentou que milleiros de “profesionais academicamente excelentes e profesionalmente premiados na nosa terra foron obrigados a marchar” cunha perda de talento “inasumible para Galicia”.

Texto da iniciativa aprobada hoxe:

O Parlamento de Galicia insta a Xunta de Galicia para que:

- “Estableza convenios cos Colexios profesionais dos campos da arquitectura, urbanismo e enxeñería para promover e fomentar concursos de ideas, comprometéndose a un incremento progresivo dos mesmos ata acadar a porcentaxe do 20%, sempre que sexa posible en atención ás actuacións que se executen, do total das contratacións de proxectos de arquitectura, urbanismo ou enxeñería, no horizonte do ano 2020.

- Os órganos de contratación da Administración Xeral da Comunidade Autónoma e do seu sector público adopten e poñan en práctica medidas de discriminiación positiva nos procesos de contratación, que favorezan o acceso, ou presencia, nas contratacións de proxectos e obra pública dos profesionais novos e novas, así como dos pequenos estudios de arquitectura”.

jacobo

Artigos relacionados

Deixar a resposta

This site uses Akismet to reduce spam. Learn how your comment data is processed.

Pechar