O Parlamento aproba a nosa proposta para urxirlle á Xunta o desenvolvemento da Lei de Accesibilidade

O Parlamento aproba a nosa proposta para urxirlle á Xunta o desenvolvemento da Lei de Accesibilidade

O Parlamento aproba a nosa proposta para urxirlle á Xunta o desenvolvemento da Lei de Accesibilidade

A Comisión de Ordenación Territorial do Parlamento aprobou hoxe unha proposición non de Lei do Grupo Socialista para urxirlle á Xunta a aprobar, antes do próximo mes de xullo, o Regulamento de desenvolvemento da Lei de Accesibilidade e o código técnico de accesibilidade. A portavoz de Urbanismo, María Pierres, sinala que o retraso do goberno no desenvolvemento da norma provoca inseguridade xurídica e “anarquía” na aplicación da Lei.

A responsable socialista apunta que esta Lei, de 3 de decembro de 2014, fixaba un prazo de dous anos para aprobar o seu desenvolvemento, un trámite que o goberno galego aínda non atendeu, provocando “numerosos problemas” nas edificiacións. Apunta á inseguridade xurídica para as novas construcións, sinaladamente para negocios en locais comerciais.

Naqueles casos, apunta, o baleiro legal autonómico deixa a solución ao albur dos concellos, provocando que “a anarquía e a disparidade de criterios segundo as vilas ou cidades sexa a regra xeral”. A interpretación por cada concello galego provoca “serias desigualdades en toda Galicia” de cara aos mínimos de accesibilidade cando, subliña, “a discapacidade non sabe de cidades, pobos ou vilas diferentes”.

Pierres apunta que “é preciso afrontar de urxencia a posta en marcha deste regulamento, que vele principalmente pola mellora da accesibilidade universal e clarificar as condicións de construción dos espazos de carácter público, os máis afectados por este regulamento”.

Texto da iniciativa aprobada hoxe:

-“O Parlamento galego insta á Xunta de Galicia para que aprobe, antes de que finalice o primeiro semestre de 2018, o regulamento de desenrolo da Lei 10/2014, do 3 de decembro, de accesibilidade, e o código de accesibilidade que contemple todas as normas técnicas aplicables na materia”.

jacobo

Artigos relacionados

Deixar a resposta

Pechar