Parálise do protocolo de actuación diante do maltrato infantil

Parálise do protocolo de actuación diante do maltrato infantil

Parálise do protocolo de actuación diante do maltrato infantil

Carmen GallegoA portavoz de Política Social do Grupo Socialista, Carmen Gallego, denunciou hoxe que o goberno galego “aínda non puxo en marcha o protocolo de atención diante do maltrato infantil”. Gallego presentou unha interpelación no Pleno do Parlamento fronte ás “gravísimas eivas” na atención a estas vítimas de maltrato.

A deputada socialista acusou ao goberno galego de padecer o “síndrome de alienación parental” que as autoridades xudiciais sistematicamente lle atribúen ás mulleres que alertan fronte a posibles maltratos dos pais contra os nenos e nenas. Acusou ao goberno galego de non querer ver os fallos de coordinación e formación do sistema que provocan unha “coladeira de inxustiza” contra os nenos e nenas e amparando aos maltratadores.

Gallego alertou da desconexión entre os departamentos responsables da Xunta entre eles e coa Fiscalía, os xulgados e os concellos para protexer aos rapaces e rapazas e que fracasan tanto como primeira liña para detectar e afrontar os casos como ao procesar os casos.

As consecuencias, explicou, son xuíces que non atenden os informes dos traballadores sociais e que permiten as visitas dos pais maltratadores, nenos e nenas institucionalizados aos 13 ou 14 anos, condenas irregulares por mala praxis na recollida de información, revitimización de nenos e nenas ao coincidir cos maltratadores en pleno proceso.

En suma, engadiu, “nenas agredidas polos pais que manteñen a custodia e nais condenadas por non querer entregalos aos pais e así salvarlles a vida”, e lembrou o caso da muller maltratada de Jaén que vén de recibir un premio do goberno central pero que aínda así non recibe o indulto por non deixarlle os fillos ao pai.

Recomendacións

A deputada socialista fíxose eco da morea de recomendacións entregadas ao goberno galego dende tódalas institucións e organizacións implicadas e sistematicamente desatendidas. Lembrou a petición a posta en marcha do protocolo enviada pola Asociación Galega contra o Maltrato a Menores, reclamando “algo tan básico como a especialización dos profesionais” que teñen que afrontar estes casos.

O propio Valedor do Pobo ten sinalado tamén a importancia dun nivel específico de selección para os profesionais que atenden estes casos, considerando a súa experiencia, formación e vocación profesional.

Hoxe, dixo, os recortes de orzamento e competencias fan que a meirande parte dos concellos carezan de servizos de atención á infancia, non haxa xulgados especializados, nin trato especializado na quenda de oficio da fiscalía ou un equipo forense especializado no Instituto de Medicina Legal.

Gallego reclamou “rachar” cos convenios asinados coas universidades de Santiago de Vigo para a práctica forense e mediación nestes casos “porque os están facendo profesionais que teñen como principal vía de fundamento o síndrome de alienación parental”. Este concepto, dixo, en ningún caso está probado cientificamente e serve para desbotar as advertencias da nai contra posibles ataques do pai maltratador.

Centros de Menores

A portavoz de Política Social do Grupo Socialista, Carmen Gallego, esixiulle hoxe ao goberno galego que repita o concurso de xestión dos Centros de Menores de Galicia con maior contía económica. No debate dunha pregunta oral no Pleno do Parlamento, lembrou que o endurecemento das condicións provocou a terceira prórroga consecutiva do contrato por quedar deserto o concurso.

A deputada socialista advertiu que o goberno galego reduciu o orzamento previsto para os centros de Reeducación Concepción Arenal e Cienma de A Coruña e Monteledo de Ourense nun 17 por cento na oferta de internamento e un 19 por cento nas de medio aberto esixindo ao mesmo tempo máis persoal.

Puxo como exemplo o caso do Concepción Areal, que pasou dun prezo de 210 euros por praza e día en 2011 a 180,88 hoxe, volvendo ao prezo de 2002, equiparándoo ao decreto asinado pola daquela conselleira de Familia, Manuela López Besteiro. Gallego sinalou que o goberno galego ten “o estudo mal feito” para preparar o concurso, co que resulta inviable tanto para os actuais administradores como para calquera outra empresa.

Este recorte, dixo, coincide coa esixencia de incrementar as prazas de persoal educador nos primeiros, dende 29 a 32 profesionais, e duplicar o persoal de psicoloxía nos segundos. A consecuencia é “quitarlle calidade aos centros e oportunidades aos menores afectados por medidas xudiciais, pero que merecen unha oportunidade de futuro e unha oportunidade de vida”.

Traballadores

Gallego esixiulle ao conselleiro que garanta ademais os postos de traballo dos profesionais que actualmente traballan nestes centros e aos que teñen provocado un “fondo malestar e preocupación”. A día de hoxe aínda teñen sen elaborar os calendarios de persoal do ano 2016, como consecuencia dos cambios “inxustificados e inxustificables” por parte do goberno galego.

Este vén de deixar fóra a 3 traballadores de Monteledo que viñan desempregando o seu traballo dende 1990 “por unha cualificación inaxeitada e sen darlles posibilidade de formarse de acordo coas súas esixencias”.

32641281A

Artigos relacionados

Deixar a resposta

Pechar