Paloma Rodríguez reproba a petición de UPyD de paralizar os investimentos no Eixe Atlántico e no AVE a Galicia

Paloma Rodríguez reproba a petición de UPyD de paralizar os investimentos no Eixe Atlántico e no AVE a Galicia

Paloma Rodríguez reproba a petición de UPyD de paralizar os investimentos no Eixe Atlántico e no AVE a Galicia

A deputada socialista galega, vicevoceiro socialista de Fomento no Congreso, critica a petición realizada por UPyD no Congreso no debate das emendas aos PGE 2014

A vicevoceira socialista de Fomento e deputada ferrolana sinala que "para UPyD quizais sexa doado pedir a paralización da AVE a Galicia pero para os galegos é un proxecto prioritario"

"Invito a Rosa Díez a vir a Galicia a convencer aos galegos do moito que nos favorece prescindir da AVE e do Eixe Atántico"

AVEA vicevoceira socialista de Fomento no Congreso, a deputada ferrolana Paloma Rodríguez, reproba a petición realizada esta tarde por UPyD -durante o debate das emendas aos PGE 2014 na Comisión de Presupostos do Congreso- de paralizar os investimentos na AVE a Galicia, así como noutros corredores de alta velocidade.

Concretamente, UPyD pediu a través de 3 emendas aos PGE 2014 que se diminúan os Presupostos do Estado 2014 para Galicia en 766,3 millóns de euros. Propón ese grupo parlamentario que se diminúa en 571,3 millóns de euros a partida presupostaria para a AVE Lubián-Ourense e se reduza en 195 millóns a partida presupostaria do Estado para o Eixe Atlántico A Coruña-Vigo. Todo iso, para que o diñeiro que se reduce a Galicia se destine ao apartado "gastos de diversos ministerios"

Para Rodríguez "é absolutamente deleznable que UPyD xustifique esta petición, gravemente prexudicial para Galicia, alegando que debe realizarse unha repartición máis equitativa dos escasos recursos dispoñibles para colocalos en proxectos estratéxicos".

Neste sentido, a deputada galega sostén con firmeza que "quizais non para UPyD pero para os galegos, para Galicia e para o Noroeste peninsular a AVE a Galicia si é un proxecto estratéxico".

"Galicia -incide Rodríguez- sofre un importante déficit en infraestruturas que é altamente prexudicial para o seu desenvolvemento económico e social e a AVE é un proxecto prioritario dende o punto de vista económico e de articulación e cohesión territorial". "Ao mellor -engade a deputada galega- é que a Rosa Díez, deputada por Madrid, isto non lle interesa".

"Ata agora a AVE a Galicia tiña un inimigo principal que era o Goberno do PP - apunta a vicevoceira socialista-; lamento que a ese carro se sume agora UPyD coa súa rancia política centralista e demagóxica revestida de interese pola equidade".

"Volvemos con UPyD -engade a deputada socialista galega- aos tempos máis duros da centralización e a recentralización; coñecemos o desprezo que esa formación política sente polas autonomías e as súas necesidades".

"Invito a Rosa Díez a vir a Galicia a convencer os galegos do moito que nos favorece prescindir da AVE e do Eixe Atlántico" - ironiza Paloma Rodríguez.

32641281A

Artigos relacionados

Deixar a resposta

Pechar