Paloma Rodríguez acusa ao Goberno e a SEPI de utilizar Navantia "como arma de campaña electoral"

Paloma Rodríguez acusa ao Goberno e a SEPI de utilizar Navantia "como arma de campaña electoral"

Paloma Rodríguez acusa ao Goberno e a SEPI de utilizar Navantia "como arma de campaña electoral"

Critica que anuncien un novo buque da armada sen comunicárllelo a Navantia e ao seu comité de empresa

Recorda que "ata agora, as promesas son fume" e esixe ao Goberno e á SEPI "que actúen con responsabilidade"

A deputada socialista ferrolana Paloma Rodríguez, o voceiro socialista de Facenda, Pedro Saura, e o deputado socialista Francisco González Cabaña reuníronse esta mañá no Congreso con representantes dos sindicatos UGT e CCOO para analizar a situación de Navantia.

Ao termo desta reunión, Rodríguez explicou que durante esta os representantes sindicais lle transmitiron ao grupo socialista as súas preocupacións en relación a Navantia, "preocupacións que os socialistas compartimos" -afirmou a deputada socialista.

En relación ao anuncio realizado polo presidente da SEPI sobre un novo buque da armada, a deputada socialista ferrolana opinou que "é un absoluto descaro que tanto a SEPI coma o Goberno do PP tomen a Navantia como arma de campaña electoral".

Así, criticou que "o escurantismo da SEPI é intolerable porque, antes de anunciar nada, tiñan que térllelo comunicado a Navantia e ao seu comité de empresa". "Necesitamos datas, non fotos" -dixo Rodríguez- e sinalou que "os socialistas esiximos concrecións porque, ata agora, as promesas son fume e seguimos sen carga de traballo e perdendo a industria auxiliar".

Ao respecto, recordou que "a política da SEPI e do Goberno ata agora no que se refire a Navantia non foi máis que un cúmulo de mentiras e enredos" e sostivo que "os socialistas esperamos que o anuncio que acaban de facer sexa certo", se ben apuntou que "en algo mellora pero non soluciona o problema existente no naval".

"Os socialistas -remarcou- estamos comprometidos con Navantia e esiximos, tanto ao Goberno como á SEPI que actúen con responsabilidade,". Sobre este punto, pediu ao Goberno "un tratamento integral de Navantia como tema de Estado e non como oportunidade electoral".

Por iso, solicitou do Goberno "que cesen as improvisacións e acheguen datos e datas co rigor e a seriedade que a situación require". "Xogar coa desesperanza de toda unha bisbarra é absolutamente inmoral" -reprobou.

32641281A

Artigos relacionados

Deixar a resposta

Pechar