Pacto galego pola Educación

Pacto galego pola Educación

Pacto galego pola Educación

O candidato socialista á presidencia da Xunta, Xoaquín Fernández Leiceaga, ofreceu hoxe en Santiago un “Pacto Galego pola Educación” dirixido a recuperar un ensino público de calidade, devolver o prestixio ao profesorado e incrementar o apoio ás familias. Así o dixo nun encontro sectorial sobre educación que tivo lugar hoxe en Santiago de Compostela e no que participou o ex ministro de Educación, Ángel Gabilondo.

O candidato socialista propuxo iniciar un Programa de Centros Abertos que garanta a conciliación da vida laboral e familiar co obxectivo de que “ningunha familia deixe de ter un fillo por falta de apoio”. O goberno galego acordará coa Fegamp neste sentido a posta a disposición dos concellos as instalacións dos centros públicos para que poidan realizar actividades deportivas, educativas, culturais, artísticas e sociais.

Fernández Leiceaga propuxo recuperar o prestixio do profesorado contratando a 2.500 novos docentes e devolvéndolles unhas condicións de traballo “logo de sete anos sufrindo os recortes de Feijóo”.

Explicou unha batería de propostas que pasan por implantar de forma progresiva ratios máximas de 20 alumnos en infantil, 25 en primaria e 30 en bacharelato, establecer desdobramentos e dotación de profesorado de apoio que permitan a atención á diversidade.

Xestión desastrosa

Criticou a “desastrosa xestión” da política educativa por parte de Feijóo, centrada no recorte do profesorado, a ruptura do consenso lingüístico, a eliminación da gratuidade dos libros de texto e a imposición de subvencións a centros concertados que segregan por sexo.

Sinalou que “agora somos os socialistas os que temos que refacer a desfeita de Feijóo, recuperando as condicións do profesorado, recuperando os libros de texto gratuítos, eliminando as subvencións dos centros que segregan por sexo e garantindo un modelo educativo plurilingüe”. Sinalou que os alumnos e alumnas deben saír do ensino obrigatorio con competencias plensa men galego e castelán e capacitados en linguas estranxeiras.

Fernández Leiceaga comprometeuse a “asegurar unha educación pública e laica, cmo dereito universal, igual e integrador, dentro dun proxecto común de cidadanía”. Tamén anunciou unha serie de medidas dirixidas a garantir a implantación laboral dos estudantes impulsando a FP Dual incorporando novos grupos empresariais aos módulos xa existentes e creando unha Escola de Masters para poñer en marcha estudos con demanda social en cada área en colaboración coas universidades galegas.

jacobo

Artigos relacionados

Deixar a resposta

Pechar