Pacto de Rendas para recuperar os niveis salariais de antes da crise

Pacto de Rendas para recuperar os niveis salariais de antes da crise

Pacto de Rendas para recuperar os niveis salariais de antes da crise

A portavoz de Emprego do Grupo Socialista, Noela Blanco, reivindicou hoxe un “pacto de rendas” que permita establecer un “novo modelo salarial” para recuperar os niveis salariais de antes da crise. A responsable socialista advertiu que mentres a saída da crise non chegue ao conxunto dos traballadores lastrará a recuperación económica.

Blanco apuntou que a inacción do goberno galego provoca que esta situación teña unha especial incidencia en Galicia, que ten os terceiros salarios máis baixos do Estado, e unha elevada precarización, cando ata o 90 por cento dos novos contratos son temporais. Acusou á Xunta de “amparar unha situación insostible con traballadores e traballadoras na pobreza”.

Resumiu que “trátase de actuar para rematar con esa nova clase social que provocan as políticas económicas neoliberais, a dos traballadores pobres” a niveis só por enriba de Grecia e Romanía. Reclamou “poñer fin a un modelo salarial que está actuando como un cortalume, impedindo o progreso social e económico de milleiros de persoas en Galicia, afondando na desigualdade”.

Pacto de rendas

Propuxo así un “pacto de rendas” con sindicatos e empresarios para incrementar os salarios nun 2,5 por cento en 2018, continuando cunha recuperación do 3 por cento ata 2021, co obxectivo de recuperar os niveis salariais de antes da crise. Propuxo ademais incrementar o salario mínimo interprofesional ata os 1.000 euros.

Os socialistas reclaman a derrogación da reforma laboral, que ten desequilibrado a relación entre empresa e traballador claramente a favor dos primeiros, situando os convenios de empresa por enriba dos sectoriais e permitindo deixar sen aplicar os convenios colectivos. Propuxo ademais unha ofensiva institucional contra a precariedade laboral, aumentando as sancións polo abuso dos contratos temporais.

Tamén propuxo axustar a situación dos empregados públicos atendendo ás súas demandas de garantir a suba salarial acorte coa inflación real, ou a aplicación da semana laboral de 35 horas sen redución salarial.

Igualdae

Os socialista propuxeron a aplicación da Lei de Igualdade Laboral para rematar coa fenda de xénero, unha iniciativa aprobada e posta en marcha polo goberno presidido polo socialista Touriño pero que “a chegada do goberno de Feijóo supuxo meter a norma nun caixón” e paralizar así a súa aplicación.

Ademais, reivindicou un “plan de choque” para mellorar as condicións laborais da mocidade, coa aprobación do Estatuto do Bolseiro, a aplicación de contratos de relevo xeracional ou a revisión das condicións dos contratos en prácticas. Finalmente, propuxo unha actuación decidida para finalizar cos “falsos autónomos”, aqueles asalariados que se ven forzados a actuar por conta propia para reducirlle custos ás empresas.

jacobo

Artigos relacionados

Deixar a resposta

Pechar