Pachi Vázquez:é imposible darlle máis voz á militancia que organizando unhas primarias

Pachi Vázquez:é imposible darlle máis voz á militancia que organizando unhas primarias

Pachi Vázquez:é imposible darlle máis voz á militancia que organizando unhas primarias

O Secretario Xeral do PSdeG-PSOE, Pachi Vázquez, felicitou aos candidatos e á militancia polo desenvolvemento da consulta para a elección de candidato á Secretaría Xeral mediante o proceso de primarias.

No día de comezo da campaña, o líder dos socialistas galegos salientou que todos os agoreiros poden ver que con “vontade política, todo é moi fácil” e se pode realizar unha consulta mediante un proceso que Vázquez cualificou de “exemplar”, tanto polo comportamento dos candidatos como pola participación da militancia. O PSdeG está a demostrar que se poden “debater ideas, con respecto, con vontade de cambio” e iniciar un “proceso novo” con todos os militantes implicados.

Pachi Vázquez trasladou tamén a satisfacción da dirección do partido que impulsou este proceso co que “é imposible darlle máis voz á militancia que organizando unhas primarias”. Salientou o papel de colaboración desde a neutralidade, ofrecendo todo tipo de facilidades e garantías e candidatos. “Estamos sendo os garantes dunha votación libre, limpa, democrática e transparente”.

O dirixente socialista animou á militancia a participar e contribuír así a consolidar este proceso democrático. Hai que facelo, dixo, “escoitando aos candidatos, participando nos seus debates, sendo partícipes, pero sobre todo acudindo a votar ás nosas sedes”.

Recordou que o vindeiro día 7 de setembro se abrirán as urnas para militantes de PSdeG e XSG en 270 sedes socialistas repartidas por todo o territorio galego, adiantou Pachi Vázquez que arredor das nove da noite se podería coñecer ao Secretario Xeral que será ratificado no Congreso do vindeiro día 29 do mesmo mes.

Trátase dun proceso novo que Pachi Vázquez espera ver pronto implantado en todos os partidos. Advirte tamén de que todos os ollos estarán pendentes das primarias dos socialistas galegos. A finais de outubro ou primeiros de novembro se celebrará a Conferencia Política do PSOE, e “hai moita xente en toda España do que está pasando aquí”.

Non oculta o líder dos socialistas galegos a satisfacción porque as palabras “participación e transparencia, que tanto me teñen escoitado, están tomando corpo” así como pola influencia que o proceso galego de elección de Secretario Xeral pode ter na futura organización do Partido Socialista. Porque, continúa Pachi Vázquez, “estamos dando un paso máis cara a ese camiño, e marcando o rumbo do que pode ser o futuro do Partido Socialista”.

32641281A

Deixar a resposta

Pechar