Pachi Vázquez: “Síntome capaz e con ganas de artellar un proxecto que cree nunha Galicia distinta”

Pachi Vázquez: “Síntome capaz e con ganas de artellar un proxecto que cree nunha Galicia distinta”

Pachi Vázquez: “Síntome capaz e con ganas de artellar un proxecto que cree nunha Galicia distinta”

O secretario Xeral do PSdeG, Pachi Vázquez, confirmou hoxe que se presentará á reelección como secretario xeral do PSdeG. “Creo neste país e síntome capaz e con ganas para artellar un proxecto que crea nunha Galicia distinta, que xenere emprego e riqueza e á vez protexa a nosa sanidade, educación e dependencia”.

“Teño a Galicia na cabeza e no corazón, e síntome capaz de poñer unha alternativa sobre a mesa con outro xeito de entender este país”, afirmou na súa intervención no programas Bos Días da TVG.

Sinalou que o PP xa tivo tres anos para demostrar en Galicia que pode cambiar este país, e “a verdade é que o cambiou, porque temos máis paro que a media de España, destruímos máis empresas e anulamos cada vez máis a sanidade, educación e dependencia”, ironizou.

“Creo que Galicia non se merece isto. Hai que crer no país e apostar por el, e eu síntome con ganas e con forza para presentar un proxecto, no que creo firmemente, para o futuro de Galicia”, apuntou.

Recoñeceu que tras un resultado electoral “claramente adverso” os socialistas “temos que mirar o xeito de serlle útiles á xente, de ser unha alternativa para eles e para loitara contra os seus principais problemas, como o desemprego e o mantemento dos servizos sociais”.

“Estamos a traballar a fondo para, tanto no Congreso Federal como no Congreso galego, volver a dar alternativas, e non fallarlle aos centos de miles de persoas que confiaron en nos”.

Sinalou que os congresos representan “o máximo nivel de autocrítica” no que “miles de militantes van falar e debater, e dos que vai xurdir un proxecto”.

“No Congreso Federal vamos a entrar de cheo no que temos que facer para que a xente volva a vernos útiles”. Do mesmo xeito, sinalou que “no Congreso galego vai xurdir un proxecto para Galicia en un momento distinto, no que temos que englobar a todo o socialismo galego e encarar un ano clave, o 2012, porque estou seguro de que Feijóo vai adiantar as eleccións”.

“Temos que escoller aos mellores homes e mulleres, estar unidos e dar solucións aos problemas dos galegos e galegas, perfilando un proxecto que demostre que somos alternativa de goberno e que hai outro xeito de entender Galicia”.

32641281A

Artigos relacionados

Deixar a resposta

Pechar