Pachi Vázquez visitará Arxentina e Uruguai durante a precampaña electoral

Pachi Vázquez visitará Arxentina e Uruguai durante a precampaña electoral

Pachi Vázquez visitará Arxentina e Uruguai durante a precampaña electoral

O secretario de Organización do PSdeG-PSOE, Pablo García, anunciou a viaxe de Pachi Vázquez aos galegos e galegas de Arxentina e Uruguai durante a precampaña electoral. Así o dixo logo dunha xuntanza do grupo de traballo de Emigración do PSdeG-PSOE, na que participou Antonio Hernando, secretario de relacións institucionais e política autonómica do PSOE.

García afirmou que o candidato socialista visitará aos galegos emigrantes para trasladarlles as propostas de goberno do PSdeG-PSOE e confrontalas a tres anos e medio de recortes e redución de prestacións sociais por parte de Feijóo. Dixo que “non podemos permitirnos deixar tirados aos galegos que hoxe nos necesitan” e apostou por “botarlles unha man en termos asistenciais”.

Criticou que Feijóo ten convertido aos emigrantes en “damnificados” recortándolles as pensións ou as axudas aos centros galegos, e puxo como exemplo a situación do Hospital Galego de Bos Aires, que “resistiu durante 100 anos ata que chegou Feijóo e obrigou ao seu peche”.

Rajoy e Feijóo

O responsable socialista cualificou de “nova fraude aos galegos e galegas” a estratexia de Feijóo de “tentar de renegar de Rajoy” logo de seis meses nos que o presentou “como garantía de solvencia”. Así o dixo García logo de constatar que Rajoy non estará presente no acto de proclamación de Feijóo como candidato electoral á presidencia da Xunta.

Advertiu que tanto Feijóo como Rajoy son as dúas caras da mesma moeda e tildou de “sorprendente” que o candidato do PP “non queira que veña” cando o PP leva aplicado dende a Xunta a mesma receita de recortes que está levando adiante dende a Moncloa.

32641281A

Artigos relacionados

2 Comentarios

  1. jesus
    Setembro 8, 2012 a 12:04

    vale de algo escribir aqui? por que no aparecen los comentarios que se envian? por que no se establece un dialogo de ideas? Sobran noticias y propuestas de dos lineas..faltan explicaciones, razonamientos y valoraciones de las posibilidades de realizacion de tales propuestas….Tranquilos,que nunca mas hare un comentario,,be happy

Deixar a resposta

Pechar