Pachi Vázquez visita a RAG na Semana das Letras para escenificar xunto ao Presidente o “amor e compromiso” do PSdeG “coa lingua e co país”

O secretario xeral do PSdeG, Pachi Vázquez, mantivo unha reunión co presidente da Real Academia Galega, Alonso Montero, só uns días despois da súa toma de posesión e coincidindo coa semana das Letras Galegas.

Trala reunión, Pachi Vázquez deulle un marcado carácter simbólico a este encontro, co que “queremos amosar o apoio dunha parte moi importante de Galicia á Real Academia Galega”, pero tamén sentimental, por entender que a institución é “un elemento de cariño, amor e compromiso coa nosa lingua e o noso país”.

“Somos miles os homes e mulleres de Galicia que vemos na lingua un elemento que nos ten que unir e que non pode ser obxecto de confrontación”, engadiu.

O secretario xeral do PsdeG, que estivo acompañado pola deputada Carmen Gallego e o ex deputado Francisco Cerviño, transmitiulle a Alonso Montero “o compromiso de país do socialismo galego coa lingua” e co esforzo colectivo desta “sinal de identidade”, do que tamén fixo partícipe ao presidente da Real Academia Galega.

A lingua “nos une a todos. Somos miles os homes e mulleres que queremos traballar xunto a ti na defensa deste tesouro tran prezado que é a lingua deste país”, rematou.

32641281A

Deixar a resposta

Pechar