Pachi Vázquez ve "unha estafa" o contrato dos candidatos do PP

Pachi Vázquez ve "unha estafa" o contrato dos candidatos do PP

Pachi Vázquez ve "unha estafa" o contrato dos candidatos do PP


O secretario xeral do PSdeG, 'Pachi' Vázquez, considerou que o contrato que os alcaldables do PP nas sete cidades galegas é "unha estafa", xa que "lles obriga co seu partido en lugar de cos seus veciños", ao tempo que censurou que actúen como "acólitos" do seu xefe de filas, Alberto Núñez Feijóo, quen "incumpriu sistematicamente" o seu 'contrato con Galicia'.

Nun acto electoral no Grove (Pontevedra) xunto co candidato socialista á reelección, José Antonio Cacabelos, o líder do PSdeG incidiu en que "o contrato principal" dos políticos é "coas persoas que os necesitan e necesitan a política". "A política boa", puntualizou, en alusión á que "nos fai a todos un pouco máis iguais en dereitos e oportunidades".

Ante máis de 200 persoas, entre as que atopaba a deputada autonómica Carmen Cajide e o cabeza de cartel do PSOE na Illa, Pachi Vázquez proclamouse "orgulloso" do rexedor mentres, no lado oposto, situou o presidente do PPdeG, Alberto Núñez Feijóo, quen "esconde" aos seus candidatos, que "asinan o que lles manda". "Fan falta candidatos que defendan ao seu pobo e non que fagan de acólito e toquen a campaíña cando fale Feijóo", contrastou.

De tódolos xeitos, o socialista admitiu que "a algún que si que había que escondelo", en referencia ao alcalde da Illa, a quen "pillaron no aeroporto con 11 maletas". "No PSOE nunca haberá ninguén metido nesas lanzas", garantiu, para augurar que Cacabelos "aumentará" o seu apoio electoral "porque fai ben as cousas".

Tamén lanzou un aceno ao aspirante á alcaldía deste municipio do Salnés, imputado por delitos de prevaricación, negociación prohibida a funcionarios e tráfico de influencias por supostamente favorecer a unha empresa do seu irmán con obras do Plan E --aínda que o fiscal pediu o arquivo das dilixencias ao considerar que non existe delito--, a valorar que "aguantou mentiras e difamacións de quen non trouxo máis que leas e follones" ao Grove.

CACABELOS "CUMPRIU"

Finalmente, pediu respaldo para o candidato socialista, que "cumpriu" durante o seu mandato e "defendeu os intereses do Grove parándoo os pés aos que o querían maltratar, como Louzán e Feijóo".

Pola súa banda, o candidato ao sillón de mando por segunda lexislatura pediu aos seus veciños que "comparen" os oito anos do PP coa súa actuación, de modo que considerou que as súas promesas electorais están avaladas por "feitos". "Uns falan e outros presentamos realidades", sinalou, tras concluír que o seu "mellor cartel" é o seu "traballo".

En canto aos seus compromisos se resulta reelixido, Cacabelos avanzou que presentará un recurso contencioso-administrativo contra o Plan de Ordenación do Litoral (POL), que "hipoteca o 80 por cento" do chan grovense.

Todo iso despois da proxección dun video que, baixo o título 'Non é o mesmo' e coa canción de Alejandro Sanz de igual título como banda sonora, poñía de relevo as diferenzas no modo de gobernar da esquerda e a dereita con exemplos das súas actuacións á fronte do Goberno local.

32641281A

Artigos relacionados

Deixar a resposta

Pechar