Pachi Vázquez tilda de "inmoral" a Feijóo por aplicarlle copago de medicamentos aos doentes crónicos

Pachi Vázquez tilda de "inmoral" a Feijóo por aplicarlle copago de medicamentos aos doentes crónicos

Pachi Vázquez tilda de "inmoral" a Feijóo por aplicarlle copago de medicamentos aos doentes crónicos

O presidente do Grupo Socialista, Pachi Vázquez, cualificou hoxe de “inmoral” a Feijóo por aplicarlle o copago de medicamentos aos doentes crónicos de atención hospitalaria. Na sesión de control ao presidente que tivo lugar hoxe no Parlamento, o responsable socialista reclamou axuda do goberno para os doentes “desesperados” pola “obsesión” de Feijóo de destruír os dereitos cidadáns.

 

O responsable socialista dixo que o presidente da Xunta “leva o copago no ADN” e recomendoulle “cambiar de profesor de ética, cambie aos señores Marcial Dorado e Bárcenas por outro”. Reclamou así axuda para os doentes, “desesperados” polas consecuencias do goberno de Feijóo “obsesionado con destruír os dereitos dos cidadáns”.

 

Pachi Vázquez desmentiu a “nova mentira” de Feijóo ao afirmar que comunidades autónomas como Andalucía lles cobran o transporte escolar aos alumnos que teñen que desprazarse fora da súa localidade para ir á escola. Reclamoulle polo contrario que tome exemplo de Cataluña, Castela A Mancha, Valencia ou Andalucía e “para esta tremenda inxustiza” que, dixo, “será legal, pero é inmoral”, en alusión ao copago farmacéutico.

 

Acusouno de tratar de disuadir de tomar medicinas “aos doentes de sida, esclerose, cancro ou enfermidades raras” que “ademais desta desgraza agora teñen que ir ao Hospital e pagar polos seus medicamentos”. Lembrou neste sentido o informe da Sociedade Español de Farmacia Hospitalaria, que considera a medida “inxusta, ineficaz e agrava tremendamente a situación dunha xente desesperada”.

 

Pachi Vázquez acusou a Feijóo de “percorrer Galicia como xefe da cruzada do PP para saír da crise convertendo ás vítimas en culpables” aos que, dixo, “aplícalles penas rigorosas que consisten na redución de servizos públicos, con menos sanitarios, docentes e bolsas, e ao mesmo tempo aplica o copago en educación e sanidade”.

 

Triunfadores

 

Criticou que o presidente da Xunta se amose “implacable os pensionistas, estudantes e dependentes pero é moi comprensivo cos bancos”, co que “converte aos culpables da crise en triunfadores”. Criticou que “cala a boca cando lle dan 11.000 millóns de diñeiro público a NGB para vendela por uns poucos centos de millóns de euros”, quedando “caladiño cando imos perder 10.000 millóns de euros de diñeiro público.

 

Pachi Vázquez lembrou que ao persidente da Xunta “non lle treme a man cando asina o decreto para o copago de medicamentos, pero si cando había que aplicar un imposto á banca que suporía mais de 50 millóns de euros de beneficio para Galicia”. Aludiu ademais á xuntanza de onte do presidente da Xunta co ex presidente do Banco Gallego, “no que inxectaron 350 millóns de euros para vendelo aos poucos meses por un euro”.

 

O responsable socialista acusou ao presidente da Xunta de ter provocado unha caída dun 8 por cento nos salarios, unha media de 1.500 euros ao ano menos por cada traballador, facendo que o 58 por cento das familias cheguen a fin de mes con grandes dificultades.

32641281A

Artigos relacionados

Deixar a resposta

Pechar