Pachi Vázquez: "Temos a obriga de actualizar o proxecto e a mensaxe"

Pachi Vázquez: "Temos a obriga de actualizar o proxecto e a mensaxe"

Pachi Vázquez: "Temos a obriga de actualizar o proxecto e a mensaxe"

O secretario xeral do PSdeG-PSOE, Pachi Vázquez, dixo hoxe que os socialistas “temos a obriga de actualizar o proxecto e a mensaxe” e anunciou “traballo moi intenso” para “acadar esa resintonización coa sociedade que estamos buscando” e que “sempre tivemos”.

O líder dos socialistas galegos participou na Executiva Federal do PSOE, celebrada en Madrid, que rematou, dixo, co “compromiso de redobrar esforzos para atopar ese espazo que sempre tivemos”.

Así o dixo logo de subliñar o “apoio pechado á dirección do partido” encabezada por Alfredo Pérez Rubalcaba, como conclusión dunha xuntanza na que acordaron “acelerar os prazos para celebrar as conferencias políticas”. Dixo que Galicia “terá o seu ritmo” pero cumprirá cos prazos fixados hoxe a nivel nacional, xa que “somos un partido federal”.

Pachi Vázquez apuntou que o encontro de hoxe supuxo un “debate profundo” no que os socialistas acordaron “incrementar o traballo” co obxectivo de “sintonizar mais coa sociedade e acadar mais credibilidade”.

32641281A

Artigos relacionados

2 Comentarios

  1. Juan Besada
    Outubro 29, 2012 a 21:14

    E cambiar tamén de candidato. Eu por primeira vez non vos votéi, e foi polo candidato.

Deixar a resposta

Pechar