Pachi Vázquez suprimirá os concertos cos colexios que segreguen e destinará os 3 millóns de euros de aforro á gratuidade dos libros de texto e aos comedores escolares

Pachi Vázquez suprimirá os concertos cos colexios que segreguen e destinará os 3 millóns de euros de aforro á gratuidade dos libros de texto e aos comedores escolares

Pachi Vázquez suprimirá os concertos cos colexios que segreguen e destinará os 3 millóns de euros de aforro á gratuidade dos libros de texto e aos comedores escolares

Nunha xuntanza con pais e nais afectados pola suba do IVE no material escolar, anuncia que recuperará a gratuidade dos libros de texto “para a lo menos o 90 por cento das familias galegas”

O candidato socialista á presidencia da Xunta, Pachi Vázquez, comprometeuse a que nos cen primeiros días de goberno suprimirá os concertos públicos coas escolas que segreguen por sexos. Así o dixo na Coruña, nun encontro con pais e nais de alumnos afectados pola suba do IVE no material escolar, no que tamén participaron os secretarios provincial e local, Francisco Caamaño e Mar Barcón, respectivamente.

Pachi Vázquez explicou que a supresión destes concertos permitirá recuperar 3 millóns de euros do orzamento do ensino público, que un goberno socialista destinará a garantir a gratuidade dos libros de texto “para a lo menos o 90 por cento das familias galegas”, así como para axudas aos comedores escolares.

Neste encontro, anunciou a convocatoria, antes da campaña electoral, dunha Mesa de Traballo conxunta con Asociacións de Nais e Pais de Alumnos que determine a fórmula para recuperar a gratuidade dos libros de texto en Galicia. Apuntou que hoxe en día o custe por alumno para unha familia media en Galicia ascende aos 540 euros, o que “fai mais necesarias que nunca as axudas a libros e comedores”.

A alma do socialismo

O líder dos socialistas galegos dixo hoxe que “a educación é a alma do socialismo”, mentres criticou que “o PP e a dereita o primeiro que recortan son a educación e a sanidade”. Advertiu que “esta carreira alocada para ter cada vez menos sanidade e educación públicas vai acabar na meta de mais paro, mais recesión, mais pobreza e mais desigualdade”.

Advertiulle a Feijóo que “o modelo de ensino público en Galicia non é discutible e a educación non é negociable”, e reprochoulle que durante tres anos e medio de goberno teña reducido o profesorado en Galicia en 2.500 mestres, deteriorando claramente a calidade da educación dos rapaces e rapazas.

O candidato socialista explicou que a xuntanza de hoxe constitúe un novo formato de acto electoral no que os socialistas reuniranse con diversos grupos e colectivos para escoitar e trasladar proxectos e propostas de goberno. Estes actos son un dos eixos fundamentais da precampaña e a campaña electoral, e repetiranse en “centos de ocasións” ata 21-O coa participación de tódolos candidatos socialistas ao Parlamento de Galicia.

32641281A

Artigos relacionados

Deixar a resposta

Pechar