Pachi Vázquez sinala que Rubalcaba "blinda" a sanidade pública e as prestacións sociais para tódolos galegos e galegas

Pachi Vázquez sinala que Rubalcaba "blinda" a sanidade pública e as prestacións sociais para tódolos galegos e galegas

Pachi Vázquez sinala que Rubalcaba "blinda" a sanidade pública e as prestacións sociais para tódolos galegos e galegas

O secretario xeral do PSdeG-PSOE, Pachi Vázquez, dixo hoxe que a proposta de Rubalcaba “blinda a sanidade pública e garante aos galegos e galegas que nun goberno socialista ninguén terá recortes na sanidade nin nas prestacións sociais” fronte ao modelo de Feijóo e do PP. Así o dixo na Conferencia Política do PSOE logo de coñecer a proposta de aumentar os impostos sobre o tabaco e o alcohol, coa excepción do viño e cervexa.

Dixo que con esta medida acadaranse mais recursos “gravando o que produce mais enfermidades –o alcohol de grado e o tabaco-” cunha medida “valente e comprometida” porque “atrévese a dicir o que ninguén se atreve, que é cómo vamos a pagar a nosa sanidade garantindo aos galegos e galegas que non van ter que ir á sanidade privada nin vai implantar o copago” e que “non vamos permitir ningún recorte no noso modelo sanitario”.

Considerou o anuncio “moi importante” por canto “ven de sentar as bases do financiamento do modelo público” e en sintonía coa defensa da sanidade como elemento troncal dos servizos sociais, “tal e como dixemos sempre os socialistas galegos”, e en contraste coas propostas da dereita en Galicia e no Estado.

Dispersión e envellecemento

O  líder dos socialistas galegos ven de explicar tamén que as propostas dos socialistas galegos ao programa de Rubalcaba inclúen a dispersión e o envellecemento poboacional. Os socialista galegos presentarán 99 emendas para “saír da crise apostando por dinamizar a economía galega”.

O líder socialista explicou que as propostas presentadas polos socialistas galegos “falan da nosa vida” e inclúen a reforma dos concellos, a supresión das deputacións provinciais e contemplan a dispersión poboacional xa que, dixo, “vivimos en 34.000 núcleos de poboación que o encarecen todo”. Dixo que “temos que buscar fórmulas para facelo mais rendible, e que a xente viva con maior calidade de vida”.

Presentou propostas “para que tamén España mire para nós” e o PSOE inclúa medidas que incidan tamén sobre o envellecemento e a caída da natalidade, que “son os problemas propios de Galicia”. Sinalou que “queremos falar dos problemas de Galicia, por iso estamos traballando en buscar solucións para os galegos e as galegas e introducilas no programa de Rubalcaba”.

32641281A

Artigos relacionados

Deixar a resposta

Pechar