Pachi Vázquez sinala que Pousa Antelo "foi quén de soñar cunha Galicia distinta en tempos case imposibles"

O secretario xeral do PSdeG-PSOE, Pachi Vázquez, dixo hoxe que Avelino Pousa Antelo “en tempos case imposibles, foi quén de soñar cunha Galicia distinta e de traballar por ela e non mover nunca o timón incluso en épocas tremendamente hostís”.

Pachi Vázquez transmitiu hoxe “todo o cariño, o sentimento e o respecto de todo o socialismo galego cara Avelino Pousa Antelo, cara todo o que significou” e o puxo como “exemplo de todo o que temos que facer polo noso país: respectalo, amalo, soñar cunha Galicia distinta e traballara reo sen descansar nunca”.

Así o dixo na visita á capela ardente do intelectual galeguista, instalada en Teo, acompañado do portavoz do Grupo Socialista no Parlamento, Abel Losada, o vicepresidente segundo da Mesa da Cámara e portavoz de Lingua, Francisco Cerviño, o deputado no Congreso Guillermo Meijón e a portavoz socialista no Concello, Uxía Lemus.

32641281A

Artigos relacionados

Deixar a resposta

Pechar