Pachi Vázquez sinala que o decreto de comedores da Xunta é "inxusto e ilegal"

Pachi Vázquez sinala que o decreto de comedores da Xunta é "inxusto e ilegal"

Pachi Vázquez sinala que o decreto de comedores da Xunta é "inxusto e ilegal"

O presidente do Grupo Socialista, Pachi Vázquez, cualificou hoxe de “inxustiza e ilegalidade” o decreto da Xunta que obriga a pagar comedor aos alumnos o rural que teñen que desprazarse á escola fora da súa localidade. Explicou que esta norma vulnera a LOE e anunciou o recurso dos socialistas diante do Tribunal Constitucional.

 

O responsable socialista anunciou unha batería de iniciativas políticas e xudiciais dos socialistas galegos no Congreso, Senado e mesmo diante da xustiza para “pararlle os pés” á Xunta xunto cos pais e nais afectados aos que animou a recorrer o decreto. Sinalou que “ninguén en toda España, nin a reina dos recortes, Dolores de Cospedal –a presidenta de Castela A Mancha- infrinxe un castigo” como a Xunta de Galicia.

 

Neste sentido salientou o decreto da comunidade de Castela A Mancha, que no seu artigo 2 sinala literalmente:

 

“A efectos del presente decreto se entenderá por “alumnado beneficiario obligatorio quien tenga derecho a la gratuidade en el servicio de comedor escolar. A estos efectos tienen derecho a la gratuidad en el servicio de comedor escolar aquellos alumnos o alumnas que, cursando enseñanzas básicas en centros públicos, hacen uso del servicio de comida de mediodía escolarizados/as en Centros con jornada de mañana y tarde con derecho a transporte escolar contratado por la Administración educativa”.

 

Pachi Vázquez advertiu que o peche de escolas unitarias no rural obriga aos rapaces a desprazarse varios quilómetros en transporte escolar sen que iso inclúa o comedor escolar gratuíto, en contra da Lei Orgánica de Educación –arts. 81 e 82.2-. Acusou a Feijóo de obrigar a que “o que teña cartos paga –o comedor- e o que non ou leva bocadillo ou queda sen comer”.

 

Explicou que de acordo coa normativa estatal, os rapaces que teñen que usar transporte escolar para desprazarse mais de dous quilómetros da súa casa teñen que ter comedor gratuíto.

 

Actualmente en Galicia, dixo, dentro dos 60.000 rapaces que utilizan comedor escolar, hai 20.000 que teñen que usar o autobús e aos que a Xunta “quere cobrar por comer, ao que ninguén en toda España se atreve”. Acusou a Feijóo de “machacar” á xente que vive nos 30.000 núcleos de poboación rural cos que conta Galicia.

 

Comedores sociais

 

Pachi Vázquez puntualizou que mentres en Andalucía ou Canarias os comedores escolares son convertidos en comedores sociais gratuítos para tódolos nenos en exclusión social, en Galicia a Xunta cobra polo comedor mesmo vulnerando a Lei.

 

Salientou que mentres o goberno galego presume dun suposto “milagre” de “mellorar todo mentres baixan 143 millóns de euros no orzamento de educación” en 2013, a realidade é que “milleiros de familias teñen que pagar polas súas ilegalidades”. Criticou a suba do 40 por cento no prezo dos comedores escolares nas cidades, a suba do IVE do material escolar e a retirada de bolsas de estudos por parte do PP.

32641281A

Artigos relacionados

1 Comentarios

  1. BEATRIZ AMENAL JUNQUERA
    Setembro 11, 2013 a 15:59

    Vaia por diante que son militante socialista e concelleira do concello de Vedra.
    Pareceme moi ben esta iniciativa, xa que son unha das afectadas. Teño 2 fillos escolarizados en Vedra e vou a pagar o máximo por eles. Empezábame a encontrar “desamparada”, xa que non atopaba unha resposta reivindicativa por parte de ninguén. É unha medida inxusta por moito que xustifiquen que só van pagar os que teñen determinadas rentas, porque todos sabemos que hai moitos con elas e non as declaran. Ademáis agora coñecendo que vulnera un acordo estatal, me animaría a reclamar xudicialmente, pero: poderíades orientarnos dende o partido cómo facelo?

Deixar a resposta

Pechar