Pachi Vázquez sinala que o aforro de Feijóo no déficit "o pagan os enfermos e pensionistas"

Pachi Vázquez sinala que o aforro de Feijóo no déficit "o pagan os enfermos e pensionistas"

Pachi Vázquez sinala que o aforro de Feijóo no déficit "o pagan os enfermos e pensionistas"

O secretario xeral do PSdeG-PSOE, Pachi Vázquez, advertiu que o aforro de Feijóo no déficit “o pagan os enfermos e os pensionistas”. Nunha entrevista na Cadena Cope, o líder socialista criticou que o presidente da Xunta utilice o pretexto do control do déficit para castigar á sanidade pública.

Pachi Vázquez explicou que na próxima sesión de control do Parlamento levará a situación financeira da sanidade pública, que Feijóo ten convertido na paralización das infraestruturas e o empeoramento radical da atención aos doentes. Criticou o “destrozo” dunha sanidade para reducir un déficit que agora, co reparto asimétrico, suporá que os galegos “pagaremos a crise dúas veces”.

O líder socialista desafiou ao presidente do goberno a “dicir a verdade, admitir que non poden asumir a construción de novos hospitais”. “O que non pode ser –continuou- é que digan que si e logo vexamos que o Hospital de Vigo está parado, o concurso do Hospital de Ourense queda deserto e os centros de saúde non se adxudican”.

Pachi Vázquez anunciou que a liña de oposición dos socialistas galegos incluirá a situación do mercado laboral en Galicia, logo de que unhas cifras de redución do paro en 6.500 persoas, que a priori semella positivo, agocha que desas só se incorporaron á Seguridade Social 3.200. O líder socialista reclamaralle ao goberno que explique “qué está pasando con esas mais de 3.000 persoas” que non aparecen na estatística.

Reforma do Parlamento

O responsable socialista anunciou tamén hoxe que o PSdeG acudirá mañá xoves á xuntanza convocada polo PP para dar conta da proposta de reforma do Parlamento. Pachi Vázquez negouse a admitir unha redución no número de deputados –que supoñen tan só o 0,01 por cento do orzamento de Galicia- e dixo que “isto non se arregla con menos democracia, arréglase con mais democracia”.

Explicou que os socialistas galegos presentarán unha proposta para modernizar e permeabilizar o Parlamento co obxectivo de que os cidadáns poidan coñecer de primeira man os debates da Cámara lexislativa. Considerou “inxusto” que logo de sesións de “12 ou 14 horas” a conclusión que perciban os cidadáns sexan “chascarrillos, broncas e descualificacións”.

Tax Lease

O responsable socialista chamou ademais á unidade das forzas políticas, económicas e sociais para que a conclusión da UE sobre o tax lease –desgravacións fiscais para os estaleiros en contra da normativa da UE aplicadas durante o goberno de Aznar- remate “cun acordo que nos permita ser viables”.

Pachi Vázquez anunciou contactos con Bruxelas e cos sectores implicados sobre esta cuestión que, dixo, “nunca” rematará coa obriga aos estaleiros de devolver as axudas, e amosou a súa “confianza en acadar un punto de equilibro” para que “non funda definitivamente ao sector naval”.

Finalmente, respaldou a protesta de “milleiros de cidadáns” en contra do Plan de Minería da Xunta porque, dixo, “a saída da crise non pode ser a costa de destrozar o noso patrimonio medioambiental e histórico”. Dixo que “non podemos avalar unha proposta –como a da mina de Corcoesto- que a todas luces resulta moi escasamente rendible en termos sociais pero moi daniña en termos medioambientais”.

32641281A

Artigos relacionados

Deixar a resposta

Pechar