Pachi Vázquez sinala que a única reforma que necesita o Parlamento é a que obrigue a Feijóo a "dicir a verdade"

Pachi Vázquez sinala que a única reforma que necesita o Parlamento é a que obrigue a Feijóo a "dicir a verdade"

Pachi Vázquez sinala que a única reforma que necesita o Parlamento é a que obrigue a Feijóo a "dicir a verdade"

O líder dos socialistas galegos, Pachi Vázquez, replicoulle á proposta de reforma do Parlamento para reducir deputados propoñendo “unha reforma sinxela; artigo 1: dicir a verdade no Parlamento de Galicia”. na sesión de control ao presidente, Vázquez reclamoulle ao presidente da Xunta que deixe de enganar “para darlle credibilidade á Cámara autonómica”.

O responsable socialista acusou hoxe ao presidente da Xunta de levar “catro anos manipulando e enganando nas sesións de control do Parlamento”. Na sesión de control ao presidente da Xunta dixo que esta actitude constitúe un “insulto permanente ao Parlamento e aos cidadáns de Galicia”.

Reclamoulle ao presidente da Xunta que faga entrega dos contratos da Consellería de Sanidade coas empresas do narcotraficante amigo de Feijóo, Marcial Dorado, na etapa en que o primeiro era secretario xeral da Consellería de Sanidade. Preguntou “qué está pasando e qué ten que pasar para que acabe dicindo a verdade” e reclamoulle que explique “si o seguen ameazando os mesmos de antes”.

Pachi Vázquez reclamoulle ao presidente da Xunta coherencia e que explique “por qué presentou a súa dimisión diante de Manuel Fraga en 2003 –pola súa amizade con Marcial Dorado- e agora di que non hai que falar diso”. Esixiulle hoxe ao presidente da Xunta que dea conta do “motivo da súa amizade con Marcial Dorado” e reclamoulle “cales foron as relacións das empresas deste narcotraficante co goberno galego”.

Aludiu así a que “ninguén cre que puideran enviar en dous días os contratos asinados en 20 anos con 10 consellerías e non poidan enviar as de cando vostede era secretario xeral”.

Contradición

Pachi Vázquez salientou a contradición entre as declaracións de Feijóo do 14 de maio prometendo toda a transparencia e documentación, coas do día seguinte, cando no Parlamento asegurou que os contratos foran destruídos, e os do secretario xeral de Sanidade, que o día 16 do mesmo mes dixo no Parlamento que non enviaba a documentación porque era “moi complicado dalos”.

Dixo que o presidente da Xunta “segue pretendendo falar e quedar ben sen amosar os papeis”, o que evidencia que “ou mentiu vostede na sesión parlamentaria –cando dixo que non había documentos- ou minte o secretario xeral –cando di que hai documentos-”. Esixiu “respecto ao Parlamento” e diga “quén mentiu: vostede ou o secretario xeral técnico?”.

32641281A

Artigos relacionados

Deixar a resposta

Pechar