Pachi Vázquez sinala que a indignación "non vale de nada se non vas votar o 21 de outubro"

Pachi Vázquez sinala que a indignación "non vale de nada se non vas votar o 21 de outubro"

Pachi Vázquez sinala que a indignación "non vale de nada se non vas votar o 21 de outubro"

O candidato socialista á presidencia da Xunta, Pachi Vázquez, dixo que “estar cabreado senón votas o día 21, non vale para nada”. Amosou o seu respecto ás manifestacións da cidadanía en contra do goberno de Feijóo, pero puntualizou que “un país non se cambia só manifestándose, cámbiase votando" e advertiu que o PP “estase rindo de nos”.

Así o dixo nun acto sectorial sobre xuventude no que tamén interveu o secretario xeral do Grupo Socialista no Congreso, Eduardo Madina, e os secretarios de Xuventudes Socialistas en Galicia e no Estado, María Torres e Nino Torres. Advertiu que “os camiños son duros. Non veño prometer, como Feijóo, que dixo que acabaría co paro en 45 días, pero Galicia está preparada para cruzar olas de 20 metros”, espetou.

O líder socialista dixo que os recortes do Goberno en materia de dereitos sociais e benestar “lévannos camiño do cataclismo social”, e puxo o exemplo de Portugal ou Grecia. O candidato dixo que si os socialistas teñen a oportunidade de gobernar, a Galicia "ímoslle a dar unha volta que non a van a coñecer en moitos anos”.

Pachi Vázquez instou a “non facerlle caso ás enquisas” porque "a enquisa de verdade non nola queren contar”. Insistiu que “os sondeos de verdade son os que indican que a inmensa maioría quere cambiar este país”. E proseguiu “ás enquisas, nin caso; que lle pregunten a Javier Arenas. O PP en Andalucía aínda ten o champán na nevera”, ironizou.

Tamén aludiu ao Informe do Consello de Contas no que se constata a ocultación de 411 millóns de euros que foron trasladados entre 2010 e 2011. Vázquez acusou a Feijóo de “manipular as contas públicas para aparentar que somos un país niquelado”, e de “enganar aos galegos cos contratos da petroleira mexicana Pemex para construír buques en Galicia”.

Vázquez instou hoxe aos mais mozos a dirixir a súa indignación a votar nas próximas eleccións autonómicas para cambiar o goberno. Acusou a Feijóo de “enganar tamén aos mais novos” ao presentarse como gran xestor cando a realidade é que hoxe hai 50.000 parados menores de 30 anos, 28.000 deles con título universitario, ou renunciar a presentar un Plan de Emprego Xuvenil.

Pachi Vázquez acusou ao PP de “poñerlle paus nas rodas” da mocidade suprimindo a Renda Básica de Emancipación, que permitiu o acceso á vivenda a 20.000 mozos e mozas galegos, ou apoiar a reforma laboral de Rajoy, que “condena aos rapaces a ser aprendices ata os 33 anos”. Cualificou de “desolador” o balance de Feijoo, que reduciu un 73 por cento os orzamentos para investigación, un 25 por cento as bolsas e un 50 os centros ocupacionais en FP.

Dixo que co Goberno de Feijóo “36 mozos e mozas saen cada día de Galicia”, polo que animou a “votar polo cambio e on quedarse en casa”. Propuxo así un Plan de Aluguer Social de vivendas públicas para menores de 35 anos, a creación de 25.000 bolsas – contrato de un ano para permitir a incorporación ao mercado laboral, ou a aprobación dunha nova Lei da Xuventude mais participativa.

Eduardo Madina, Maria Torres e Nino Torres

Pola súa banda Eduardo Madina asegurou que estamos" ás portas dun cambio político" "en Galicia" e afirmo "será o maior aviso a navegantes", para o presidente do Goberno, Mariano Rajoy, e ás súas "políticas antisociais". E destacou a "influencia política destas eleccións porque transcende as fronteiras de Galicia".

Madina advertiu en Santiago que "a dereita que fixo da súa política un instrumento ao servizo do fin da cohesión social". E resumiu "Feijóo fai de Presidente nos seus anacos libres".

A secretaria Xeral das Xuventudes Socialistas de Galicia, María Torres asegurou que nin Feijoo nin Rajoy “creen na mocidade e tampouco escoita ás nosas necesidades”. E proseguiu os xovenes non queremos coller a maleta para emigrar “porque queremos seguir vivindo en Galicia, no lugar mais fermoso do mundo”.

Tamén estivo presente no acto Nino Torres, Secretario General de Juventudes Socialistas de España. Advirtio que las medidas que esta aplicando Rajoy en España “son as mesmas que vai aplicar Feijóo en Galicia”, e denunciou o recorte nas bolsas Erasmus “en mais un 75 por cento”.

32641281A

Artigos relacionados

Deixar a resposta

Pechar