Pachi Vázquez sinala que a consulta á militancia de Galicia supón "un paso de xigante para todo o PSOE"

Pachi Vázquez sinala que a consulta á militancia de Galicia supón "un paso de xigante para todo o PSOE"

Pachi Vázquez sinala que a consulta á militancia de Galicia supón "un paso de xigante para todo o PSOE"

O secretario xeral do PSdeG-PSOE, Pachi Vázquez, dixo hoxe que o acordo pechado coa Executiva do PSOE sobre a consulta á militancia para escoller ao próximo secretario xeral dos socialistas galegos “constitúe un paso de xigante para toda a militancia do PSOE”. Así o dixo con motivo da xuntanza da Executiva do PSOE na que lle agradeceu a Rubalcaba e á dirección do partido o respaldo á proposta galega.

Vázquez dixo que Galicia constitúe a punta de lanza dun vieiro “que continuará cun cambio en profundidade do noso modelo de partido”. Explicou que o voto dos militantes “en urna e secreto” supón un avance “sen precedentes no camiño da participación e a transparencia”.

Explicou que a continuación será constituída unha Comisión Mixta entre a Executiva Federal e a galega para “afondar na transparencia e a participación para vincular o voto ao candidato coa elección de delegados sempre de acordo cos estatutos” do partido.

O líder dos socialistas galegos subliñou que “hoxe é un día importante para os militantes –socialistas- que queren mais participación” para a elección da dirección do partido. Apuntou que a experiencia que se abre en Galicia “ten que definir e marcar” a pauta para a liña futura de todo o socialismo”.

Pachi Vázquez convidou a todo o partido a participar desta modalidade “con prudencia, alegría e ilusión” e engadiu que “quen teña algunha desconfianza poderá comprobar que nunca é malo abrir procesos de participación e transparencia, e en Galicia vamos dar un bo exemplo nese sentido”.

32641281A

Artigos relacionados

Deixar a resposta

Pechar