Pachi Vázquez: "Si os descontentos con Feijóo votan, haberá cambio"

Pachi Vázquez: "Si os descontentos con Feijóo votan, haberá cambio"

Pachi Vázquez: "Si os descontentos con Feijóo votan, haberá cambio"

O candidato socialista á presidencia da Xunta, Pachi Vázquez, advertiu que “si todos os que están descontentos co goberno de Feijóo votan, haberá cambio”. Asegurou que traballará a reo para sacar o país adiante sen atallos, nin mentiras, pero con ilusión, esperanza e ganas.

Esta foi a súa mensaxe nun mitin na localidade coruñesa de Muros no que tamén estivo o escritor galego Suso de Toro, e do cabeza de lista da provincia coruñesa, Francisco Caamaño e a alcaldesa da localidade Caridad González cerviño, entre outros cargos comarcais.

O candidato Francisco Caamaño emprazou aos asistentes “a facer a Pachi Presidente da Xunta”, e Feijoo envialo a Marte, en alusión a subida do canon da auga nun 140%. Un imposto que teñen cobrar os concellos, pero que repercute na Xunta. E dixo “como a NASA di que hai auga en Marte mandámolo alí e que lle cobre aos marcianos”, espetou.

Pachi Vázquez aludiu as enquisas que hoxe saen publicadas nos medios de comunicación e recomendou “que non vos enganen” porque a realidade é, dixo, que “está subindo a marea, a marea do cambio que é imparable e que só pode vir da man do Partido Socialista”. Pachi Vázquez puntualizou que “hai moitos que aínda non decidistes o voso voto, pero esa maioría quere cambio de goberno”, e subliñou que “se votan cambio, haberá cambio”. E insistiu “as nosas enquisas din diariamente que hai unha inmensa maioría de galegos e galegas que pasan da indecisión a apoiar ao Partido Socialista de Galicia”.

En presenza do escritor galego Suso de Toro, Pachi Vázquez comprometeuse hoxe a “tumbar o decreto que lle puxo o pe na cabeza á nosa lingua”, e tamén “a restablecer o consenso sobre o galego e a fortalecer a cultura como símbolo da nosa identidade e tamén para proveito de Galicia”. Acusou ao candidato do PP de ter “roto o acordo unánime sobre o ensino do galego” introducindo “unha controversia e un enfrontamento innecesarios”. “Si eles se avergonzan de falar en galego -dixo- eu síntome moi orgulloso”.

PEMEX, auditoría ou sistema financeiro

O candidato socialista tamén se referiu o contrato de PEMEX “que ensine o contrato”, insistiu. E lembrou que lle enviou unha carta e diferentes iniciativas parlamentarias para coñecer estes acordos, pero sen ningunha resposta. Ou mesmo “a auditoría que se cargou os sistema financeiros galego, e hoxe nos temos caixas, nin bancos, e o que é mais grave non temos bancos que nos preste os cartos”. E proseguiu o 21 de outubro “non se decide si Feijoo ou Pachi Vázquez, decídese o futuro dos galegos e das galegas”.

Advertiu que Rajoy e Feijóo “están esperando a que pase a campaña para pedir o rescate, subir os impostos, tocar as pensións, despedir a milleiros de empregados públicos e desentenderse dos problemas de Galicia”.

Asegurou que Feijoo pensa “que Galicia so ten que estar pendente del, pero é el quen ten que estar pendente de Galicia”, replicou. E preguntou que significa a austeridade para o PP “é que a Xunta deixe de pagar os libros de texto e os paguen as familias que non chegan a fin de mes?, ou que deixe de pagar os medicamentos dos pensionistas e ter que pagalos eles?.Eso non é austeridade é ter cara”, espetou.

Galicia non precisa contables

Afirmou que “Galicia non precisa un contable nos vindeiros 4 anos, precisa un home que leve a Galicia no corazón”.

Pachi Vázquez sinalou que “é o momento de parar á dereita, de construír entre todos unha Galicia distinta” na que un goberno socialista estableza “mais impostos para os mais ricos, para dedicalos á creación de emprego, á sanidade e a educación” seguindo a liña de Francia. A vía do PP, pola contra, consiste en “mais impostos para todos, mais paro e mais copago”, no camiño de Grecia e Portugal.

Dixo tamén que un pais que non aposta pola igualdade de homes e mulleres “esta morto”. E reclamou novamente desculpas do Goberno polas palabras do popular Castelao Bragaña.

Subliñou que os xovenes son a sala de maquinas deste pais “por eso é necesario investir en coñecemento e innovación”. E anunciou un plan de emprego, por un importe de 60 millóns de euros, para os mais mozos, e criticou a actitude de Feijoo “que esta dobrando a cabeza e agochándose” co tema do paro. “Pero eu non vou deixar que os mozos de Galicia collan as maletas e se vaian”, resumiu.

O líder dos socialistas galegos comprometeuse a blindar a sanidade e a educación públicas e a implantar unha nova fiscalidade que garanta mais ingresos para destinalos á creación de emprego e blindar os sectores produtivos estratéxicos, apoiar aos emprendedores e ás empresas galegas dende un novo Instituto de Crédito e Finanzas.

32641281A

Artigos relacionados

2 Comentarios

  1. elecions festa da democracia—botamos de menos aqueles mitins con Alfoso gerra-cos poñia a pingar decindolles verdades como puños tiñanlle terror–hoy suplen os medios de comunicacion pro eses tan nas mans da dereita ,asta o diario que din liveral se arrastra cheo de medo ante o color de santiago—asi non nos queda outro remedio andar a crretera pra esplicar as cousas—espero que esta noite o noso vazquez-o machaque sen piedade—animo compañeiros os necisitamos …—

  2. YOMISMA
    Outubro 8, 2012 a 23:01

    ¡Patética la intervención del candidato socialista en la TVG!. ¿No será un infiltrado del PP para que Feijoó gane las elecciones?.

Deixar a resposta

Pechar