Pachi Vázquez será presidente do Grupo Socialista e Abel Losada portavoz

Pachi Vázquez será presidente do Grupo Socialista e Abel Losada portavoz

Pachi Vázquez será presidente do Grupo Socialista e Abel Losada portavoz

O secretario de Organización do PSdeG-PSOE, Pablo García, anunciou que Pachi Vázquez será nomeado presidente do Grupo Parlamentario dos Socialistas de Galicia, repetindo no mesmo cargo que na pasada lexislatura, ao igual que o portavoz, Abel Losada.

Esta foi a decisión tomada nunha xuntanza extraordinaria da Executiva socialista, e a continuación foi ratificada nunha xuntanza dos parlamentarios electos do PSdeG-PSOE. Pablo García explicou que neste encontro tamén acordaron propoñer a Marisol Soneira como vicepresidenta segunda da Mesa do Parlamento, mentres a luguesa Concepción Burgo será proposta como vicesecretaria segunda.

O responsable socialista explicou que a liña estratéxica da oposición dos socialistas galegos na lexislatura que comeza basearase en converterse nos “oídos e voces” dos cidadáns galegos na Cámara. Salientou a “gran capacidade de traballo” dos membros dun Grupo Socialista “renovado” dirixido a responder ás preocupacións dos galegos e galegas.

García lamentou a negativa do PP a ceder un posto da Mesa da Cámara, co que os socialistas cederían outro para garantir a representatividade dos catro grupos parlamentarios no órgano reitor do traballo parlamentario. Tamén lamentou a negativa do PP á proposta de ampliar o número de membros da Mesa, de 5 a 7, permitindo a presenza de tódolos grupos mantendo a maioría.

En resposta a preguntas dos xornalistas, dixo que si o PP garantira a presenza de tódolos grupos na Mesa suporía “unha primeira pedra de toque” á concordia que propugnou hoxe a futura presidenta do Parlamento, Pilar Rojo. Dixo que esta chamada de Rojo será valorada “con feitos”, cos que tanto Rojo como o PP deben demostrar “si caen do cabalo e cambian de ton e de maneiras” na dirección do Parlamento.

Folga

O dirixente socialista advertiu que a folga e as protestas cidadás de onte supuxeron un “gran clamor social sen precedentes” que demostran que a cidadanía “nin concorda nin aproba as políticas de Feijóo e Rajoy”, aos que emprazou a escoitar a chamada dos milleiros de galegos e galegas que onte se manifestaron.

32641281A

Artigos relacionados

Deixar a resposta

Pechar