Pachi Vázquez salienta a importancia do Comité Territorial para sentar as bases dos grandes cambios que a sociedade demanda

Pachi Vázquez salienta a importancia do Comité Territorial para sentar as bases dos grandes cambios que a sociedade demanda

Pachi Vázquez salienta a importancia do Comité Territorial para sentar as bases dos grandes cambios que a sociedade demanda

O Secretario Xeral do PSdeG-PSOE apostou pola construción dunha alternativa porque a dereita está a destrozar o modelo sanitario, educativo e de pensións

O luns, a Executiva galega abordará a achega do PSdeG-PSOE ao gran debate do Partido Socialista, cuxo calendario se coñecerá no Comité Federal de xaneiro e combinar esta tarefa coa construción dunha alternativa propia para gobernar Galicia dentro de catro anos

O Secretario Xeral do PSdeG-PSOE, Pachi Vázquez, asistiu ao Consello Territorial do PSOE, celebrado en Madrid. Este órgano de dirección socialista, presidido polo Secretario Xeral, Alfredo Pérez Rubalcaba, acolle aos responsables das federacións socialistas do Estado.

Pachi Vázquez salientou a importancia do cónclave territorial socialista porque, logo dunha serie de comicios electorais, “sentamos as bases reais para abordar eses grandes cambios que está a demandar a sociedade de nós”. Para o dirixente socialista, “é o momento de poñer en marcha unha dinámica de análise e de procura de solucións para os grandes problemas deste país”.

Vázquez citou a necesidade duns novos modelos económico e financeiro e un novo modelo social, “cando a dereita está a destrozar o noso modelo sanitario, o noso modelo educativo e o noso modelo de pensións”. Salientou o Secretario Xeral dos socialistas galegos que na cita de hoxe tamén se abordou o novo modelo territorial, porque, considera Vázquez, “é o momento de que, desde a búsqueda de consensos, temos que plantexar algunha reforma da Constitución coa intención de serlles útiles aos cidadáns”.

Todas estas propostas cara a sociedade van ir acompañadas, como sinala o dirixente socialista galego, dunha remodelación orgánica do Partido Socialista, que debe virar o rumbo cara un partido “máis áxil, máis vertebrado, máis operativo e útil á sociedade nun momento en que esta o está a pasar fatal”.

Todo isto collerá “corpo, calendario e datas” a partires do 12 de xaneiro, data do Comité Federal socialista.

O Sertario Xeral do PSdeG-PSOE apuntou que, neste momento de aportacións, os socialistas galegos “estamos aportando solucións e propostas que nos fagan acadar un novo itinerario” en Galicia “temos que ser capaces de darlle solucións a unha sociedade que ve como se lle recortan as pensións, como se lle cobra o transporte sanitario e como se lle está a destrozar o modelo social dicíndolle que non hai outra solución, cando si que a hai”.

GALICIA

Pachi Vázquez adiantou que na Executiva que convocou para o vindeiro luns se abordará o calendario e as propostas que debe elaborar o PSdeG-PSOE para levar ao Comité Federal de xaneiro. “Temos que traer a Madrid unha proposta forte e sólida a este comité”, dixo, para “adaptar o ideario socialista aos novos tempos”.

En relación á polémica sobre o mellor momento para as primarias, o dirixente socialista considera que o debate non é de nomes e advirte que iso non nos pode distraer do enorme traballo que temos por diante”.

O vindeiro luns Vázquez tamén levará propostas dirixidas especificamente ao PSdeG. “Temos avanzado coa constitución dun Grupo Parlamentario sólido e agora tócanos traballar por un modelo de sociedade e un novo modelo de partido nas datas que sempre propuxen”.

O Secretario Xeral celebra a existencia de debate interno sobre o futuro do Partido Socialista, porque enriquecen coas súas achegas a procura de solucións desde “unha gran unidade” e sen presa.

Recorda Vázquez que o Partido Socialista está no “gran debate”, non en debates pequenos sobre as persoas, e Galicia ten que “formar parte dese gran debate nacional e adecualo ás nosas particularidades”. “Temos que trasladar a Madrid unha posición clara e rotunda do socialismo galego para o país e para o partido que queremos, e ao mesmo tempo construír unha alternativa propia para gobernar Galicia dentro de catro anos e recuperarnos en europeas e municipais”, apuntou o dirixente socialista.

“Se alguén sabe como se fai iso a presa mellor para todos”, ironizou, para insistir a continuación en que “hai que dar con fórmulas e solucións desde grandes consensos”. “Un partido como o Socialista, con vocación de goberno, ten que construírse en grandes consensos e grandes acordos e en iso estamos traballando”, finalizou Vázquez.

32641281A

Artigos relacionados

Deixar a resposta

Pechar