Pachi Vázquez revela que case a metade dos recortes de Feijóo en dous anos foron en gasto social

Pachi Vázquez revela que case a metade dos recortes de Feijóo en dous anos foron en gasto social

Pachi Vázquez revela que case a metade dos recortes de Feijóo en dous anos foron en gasto social

O secretario xeral do PSdeG, Pachi Vázquez, puxo a Galicia como exemplo da “realidade dos conservadores cando acadan o poder”, xa que en todas elas se están a producir importantes recortes en gasto social. Nunha rolda de prensa que tamén ofreceron o candidato Alfredo Pérez Rubalcaba e outros secretarios xerais do PSOE, sinalou que “Galicia leva dous anos e medio sendo o laboratorio dos experimentos do PP".

"Xa temos resultados deses experimentos, que en Galicia son máis paro, menos desenvolvemento económico, menos sanidade e educación pública e menos axudas á dependencia”, sentenciou.

Así, fronte ao discurso do PP que afirma que os recortes non afectan ao gasto social senón ao gasto superfluo “vemos como en Galicia, dous anos e medio despois da chegada do PP ao goberno da Xunta, o 45 por cento dos recortes realizados foron en sanidade, educación e dependencia”.

“A mentira xa quedou descuberta”, proclamou Vázquez, “porque non se elimina o gasto superfluo, senón que se recortan 650 millóns de euros en gasto social”.

O responsable socialista afirmou que “despois de dous anos, queda claro que o PP non ten receitas contra a crise”, e sinalou que “o fracaso da política económica de Feijóo levou ao incremento do paro en Galicia, que aumentou o dobre que no resto do Estado e que levou á nosa comunidade a encabezar o crecemento do desemprego en España”.

Un 13 por cento dos galegos en lista de espera
A isto engadiu a preocupante situación da sanidade, onde actualmente hai 350.000 galegos e galegas en lista de espera, o que representa un 13 por cento da poboación. “Unha situación á que se chega tras pechar quirófanos e plantas de hospitais, reducir transporte sanitario e centros de saúde”, denunciou. Engadiu que “en dous anos reducíronse 245 millóns de euros e 400 facultativos, e todo apunta a que no próximo ano se poden reducir 300 mais”.

No que respecta á educación “vemos que hai 80.000 familias que hoxe teñen que pagar os libros de texto, hai 1.000 docentes menos, e 254 millóns de euros faltan das arcas da educación pública”.

Lamentou que, en materia de dependencia, “a Xunta está desaparecida”. “Cando o PP chegou ao goberno dicía que se tardaba moito en atender aos dependentes. Agora directamente xa non se lles atende, e pasamos de 15.000 persoas esperando axuda a 40.000, un incremento do 150 por cento”.

Por elo, o líder socialista avogou por traballar para blindar a sanidade e a educación e esixiu ao Goberno galego que poña en marcha políticas activas de emprego para resolver “o principal problema que temos hoxe en Galicia, que é a falla de traballo”.

32641281A

Artigos relacionados

Deixar a resposta

Pechar