Pachi Vázquez reúnese no Parlamento con médicos da sanidade pública para buscar alternativas aos recortes

Pachi Vázquez reúnese no Parlamento con médicos da sanidade pública para buscar  alternativas aos recortes

Pachi Vázquez reúnese no Parlamento con médicos da sanidade pública para buscar alternativas aos recortes

O presidente do grupo parlamentario socialista preguntará maña a Feijoo, na sesión de control, pola afectación dos recortes á sanidade pública galega

O presidente do Grupo Parlamentario dos Socialistas, Pachi Vázquez, mantivo hoxe unha reunión de traballo cun grupo de médicos das catro provincias galegas, todos eles da sanidade pública e con experiencia de xestión, para abordar a afectación a Galicia dos recortes decididos polo gobernos de Rajoy e Feijoo.

A reunión, na que tamén participaron o secretario de Sanidade da Executiva galega do PSdeG, Miguel Fernández, e o portavoz parlamentario de Sanidade, Modesto Pose, tivo lugar un día antes de que Pachi Vázquez pregunte ao presidente da Xunta polos recortes sanitarios en Galicia, durante a sesión de control que terá lugar mañá no pleno do Parlamento.

O PSdeG encadra esta reunión dentro dun amplo calendario de encontros para buscar alternativas aos recortes decididos por Rajoy e Feijoo, que afectarán especialmente aos xubilados e parados e que suporán o final da sanidade pública, universal e gratuíta.

32641281A

Artigos relacionados

Deixar a resposta

Pechar