Pachi Vázquez reta ao PP a pechar chiringuitos en vez de hospitais e a despedir enchufados en lugar de persoal sanitario e docente

Pachi Vázquez reta ao PP a pechar chiringuitos en vez de hospitais e a despedir enchufados en lugar de persoal sanitario e docente

Pachi Vázquez reta ao PP a pechar chiringuitos en vez de hospitais e a despedir enchufados en lugar de persoal sanitario e docente

O secretario Xeral do PSdeG, Pachi Vázquez, e o secretario Xeral provincial, Raúl Fernández, ofreceron eunha rolda de prensa con motivo dunha reunión de traballo do líder do socialistas galegos coa CEP e os alcaldes socialistas da provincia de Ourense.

Fernández explicou que unha vez finalizado o proceso electoral das pasadas municipais, “nas que a provincia de Ourense tivo os mellores resultados do PSOE en España”, agora se trata “de xestionar o presente e deseñar o futuro”.

Neste sentido dixo que estamos no proceso de preparación das eleccións xerais, de continuar co traballo que se está facendo dende o Parlamento galego poñendo de manifesto as carencias nos compromisos de Feijóo con respecto a esta provincia, deseñando a estratexia do labor do Grupo Provincial na Deputación, continuando o proceso de formación dos concelleiros, así como mantendo un contacto permanente coas agrupacións locais, poñendo en valor a proximidade dos Grupos Municipais aos cidadáns.

“Estamos, en definitiva, nun proceso de mirar ao futuro e olvidarnos do pasado tendo en conta o presente”, concluiu, proceso no que se enmarca a reunión de hoxe.

O secretario Xeral do PSdeG, Pachi Vázquez, sinalou que “xa estamos na fase de xestión”, e que as prioridades municipais dos socialistas en Ourense son “centrar todos os esforzos en promover iniciativas de emprego e salvagardar as prestacións sociais dos servizos públicos básicos”.

Auditoría na Deputación

Vázquez anunciou que o Grupo Provincial Socialista pedirá unha auditoría na propia Deputación, non só da situación económica, senón sobre eficiencia dos servizos da Deputación.

“Na provincia na que se están pechando hospitais o que nós imos propoñer é que se pechen todos os chiringuitos da Deputación”, dixo. “Antes de pechar hospitais públicos e camas hai que pechar o Inorde, os Patronatos, o Instituto do Campo, as granxas da Deputación; hai que reconducir ese modelo de gasto e destinalo a educación, sanidade, servizos públicos e creación de emprego”, engadiu.

“Antes de rescindirlle contratos a profesionais sanitarios e profesionais da educación hai que rescindirlle os contratos a todos os enchufados do PP na Deputación”, insistiu . “Me atrevo a dicir, con dolor, que o exemplo do que non debe ser unha Deputación provincial é a Deputación de Ourense”, dixo.

Vázquez salientou que cada voto que se lle entregou ao PP nas pasadas municipais foi un voto para apoiar a redución de medicamentos aos nosos enfermos, sen aforrar nin un euros máis que noutras comunidades, para apoiar o peche de centros hospitalarios e redución de camas, para apoiar a redución de persoal docente na educación pública e que os comedores escolares aumenten o seu prezo nun 27%, e que esteamos indefensos ante a plaga de lumes na provincia que máis arde de España.

Así, tildou de “clamoroso” que estea sen poñer en marcha o operativo contra incendios e sexan a Garda Civil e os veciños quen loita nas aldeas contra os lumes.

Blindaxe de dereitos sociais e inversións produtivas nos Concellos

O secretario Xeral do PSdeG afirmou que a primeira proposta dos socialistas nos concellos onde goberna será blindar os dereitos sociais dos cidadáns, sanidade e educación pública, e destinar todos os recursos a inversións produtivas para xerar emprego.

Tamén dixo que os socialistas apostan pola racionalización da política local, que por cada servizo haxa unha administración, e esixirán á Xunta que asuma o custe nos Concellos do que lle está facendo, como as limpezas de colexios ou o financiamento de centros de saúde.

Lembrou que hai que eliminar a discrecionalidade nos fondos que chegan aos concellos. “Vai ser un cabalo de batalla, que os cidadáns teñan dereito aos mesmos recursos voten a quen voten”, apuntou. “Que o 100% dos recursos económicos vaian a concellos gobernados polo PP é un tema no que temos que loitar”, agregou.

“Vamos a facer unha oposición dura, ríxida, defendendo estes memos principios”, advertiu, “porque estamos ante un goberno que se sinte lexitimado cos votos a desmantelar o estado social”, pero “non lle recoñecemos ningunha lexitimidade, teñen un bo resultado electoral pero o PSdeG vai seguir defendendo o noso ideario, gobernando ou dende a oposición”.

Por último anunciou que 4 persoas desta provincia participarán na constitución dunha ponencia marco para a Conferencia Política que se celebrará en Madrid no mes de setembro, na que se dará forma á blindaxe de dereitos sociais, cambios de modelo de fiscalidade e inversións produtivas.

O timo de Xero e a Operación Campeón

Preguntado pola polémica instalación dunha fábrica de Xero na nosa provincia, Vázquez dixo que “o PP descubriu en Ourense o timo da fábrica pre-electoral”, e que este ano tocou “o timo dos cochitos eléctricos, para o que colaboraron Feijóo, o conselleiro Javier Guerra e Baltar.

Vázquez criticou a “impunidade” xudicial da que goza Baltar, “que se ri da Lei de Función Pública, da Fiscalía, do Xulgado, dos sindicatos e de todo o mercado laboral”.

Tamén destacou sobre as novas imputacións da Operación Campeón, que é sorprendente que haxa altos cargos do goberno de Feijóo imputadas, e que o primeiro comportamento ético de Feijóo foi ascendelos.

“É un tema que está aflorando”, dixo, e “a teoría deles é negalo todo, e aínda que sabemos que “á dereita ter imputados no goberno non lles produce o máis mínimo desgaste”, “pero cremos que éticamente teñen que dar unha explicación o presidente Feijóo, e os conselleiros de Economía e Medio Rural”.

“E nin unha soa vez asumiu Feijóo as responsabilidades destes imputados”, concluiu.

32641281A

Artigos relacionados

Deixar a resposta

Pechar