Pachi Vázquez reta a Feijóo a aprobar no Parlamento a blindaxe de sanidade, educación e dependencia para evitar que os galegos paguen os novos recortes polo rescate

Pachi Vázquez reta a Feijóo a aprobar no Parlamento a blindaxe de sanidade, educación e dependencia para evitar que os galegos paguen os novos recortes polo rescate

Pachi Vázquez reta a Feijóo a aprobar no Parlamento a blindaxe de sanidade, educación e dependencia para evitar que os galegos paguen os novos recortes polo rescate

O secretario xeral do PSdeG defenderá no pleno do Parlamento una proposición de lei para defender aos cidadáns de Galicia dos futuros recortes e fronte a un goberno que “tirou a toalla” e cuxo presidente marchou, en plena crise, a ver un partido de fútbol

“O momento económico e dramático e os socialistas queremos asumir esta situación desde a responsabilidade, pero tamén esixindo responsabilidades”, dixo

Pachi Vázquez espera que o rescate de España sirva, polo menos, para que Novagalicia Banco, para quen agora sí haberá diñeiro público, se converta “nun banco público galego” e “non se trocee e subaste”

O Presidente do Grupo Parlamentario Socialista e Secretario Xeral do PSdeG-PSOE, Pachi Vázquez, ven de cualificar o momento económico como “dramático” e os socialistas, dixo, “queremos asumir esta situación desde a responsabilidade e esixindo responsabilidades”.

Desde a responsabilidade que nos da que esteamos falando da calidade de vida de todos os galegos e as galegas e pedindo responsabilidades para que se saiba claramente como van incidir no noso modelo de vida as decisións que se tomen.

O líder dos socialistas galegos afirma que Europa tivo que acudir ao rescate de España ante un Goberno, o de Rajoy, “que se viu incapacitado para atallar a creba do seu sistema financeiro”.

O préstamo de 100.000 M€ vai supoñer un incremento do 10% da débeda pública do noso país e ai a incrementar o déficit, polo que nos van a impoñer novas medidas de control que van a pagar os cidadáns deste país a través de novos recortes, engadiu.

Este momento, do que estivemos a fuxir nos últimos tres anos, se produce de maneira inexorable e polo tanto “imos tratar de colaborar para que este país saia adiante”, pero “nunca colaboraremos para que se engane aos cidadáns e se lle diga que aquí non pasou nada ou que menos mal que nos rescataron”, como deu a entender Rajoy o domingo pasado.

O Presidente do Grupo Parlamentario Socialista cree que nun momento no que estamos pendentes de saber cómo nos vai afectar na calidade de vida das galegas e dos galegos este rescate, cobra maior importancia, si cabe, a defensa da proposición non de lei que se debaterá en Pleno mañá martes, 12 de xuño.

Unha iniciativa que pretende a blindaxe da Educación, da Sanidade e da Dependencia. “Imos esixir ao presidente de Galicia que nos defenda fronte a unha situación na que vemos cada día que os que hai seis meses ían darlle seguridade e garantías a este país, tiraron a toalla e fóronse ver o partido (o España-Italia da Eurocopa), polo que imos ter que resolver esta papeleta entre todos.”

Pero Pachi Vázquez non só reprobou a presenza de Rajoy no partido da selección, senón que o líder dos socialistas galegos tamén recriminou a Núñez Feijóo que “non abrira a boca en todo o fin de semana”, cando si falaron axentes sociais e o resto de partidos. “Ten que ser moi duro para el, que pediu o voto para Rajoy, ter que recoñecer agora que en so seis meses o mesmo Rajoy situounos no peor dos escenarios”, dixo con ironía.

Galicia vaise xogar o futuro do sistema financeiro galego. Pachi Vázquez define así a nova situación tras o rescate. “Agora si hai diñeiro porque o Eurogrupo decidiu darlle ao Goberno de España o diñeiro que necesitan os bancos” e polo tanto, engadiu, a “dúbida é que vai pasar con Novagalicia Banco cando, a través do FROB, se lle inxecten os recursos que necesita”, que serán entre 4.500 millóns de euros e os 6.500 millóns de euros.

Pachi Vázquez reivindica que, unha vez que o diñeiro público constitúe o soporte do banco galego, NGB sexa o banco público galego. “Que quede saneado, que garanta os depósitos dos cidadáns e fluidez de crédito para as empresas e as familias e sexa o elemento clave para o desenvolvemento da nosa economía”, propuxo.

Para o socialistas “non é xusto que comunidades como Madrid teñan unha solución” en referencia a Bankia, e “Galicia teña outra solución”, xa que a proposta do Executivo parece ir máis pola subasta das entidades como NGB.

Insiste Vázquez, ademais, na necesidade dunha “comisión de investigación”, porque é “un clamor cidadán” que debe haber un control sobre os preto de 9.000 millóns de euros, de diñeiro público, que serán necesarios para rescatar o sistema financeiro galego. Volvendo ao exercicio de responsabilidade anunciado polo líder dos socialistas galegos, resumiu o que debe pasar a partir de agora coa seguinte secuencia: “diñeiro público, banco público, aposta por un sistema produtivo fronte a un sistema especulativo, pero iso si, con responsabilidades de todos aqueles que teñan que dar conta desta situación, incomprensible para os cidadáns”.

jfdghjhthit45

32641281A

Artigos relacionados

Pechar