Pachi Vázquez resposta ás preguntas realizadas polos internautas a través das redes sociais

Pachi Vázquez resposta ás preguntas realizadas polos internautas a través das redes sociais

Pachi Vázquez resposta ás preguntas realizadas polos internautas a través das redes sociais

Pachi Vázquez: "O milagre da fusión de Feijóo foi un erro que so serviu para que o presidente se fixese fotos"

O secretario Xeral do PSdeG, Pachi Vázquez, someteuse esta semana ás preguntas que os internautas lle fixeron chegar nos últimos días, a través das redes sociais de Facebook e Twiter, sobre diversas cuestións da actualidade política, económica e social, tanto do ámbito local como autonómico e estatal. A entrevista está dende hoxe colgada na web: www.psdeg-psoe.org e en youtube, e serve ademáis para estrear a remodelada web dos socialistas galegos.

Así, en resposta a unha pregunta realizada a través do Facebook sobre a incidencia en Galicia do anuncio de Zapatero de non presentarse como candidato ás eleccións xerais, Vázquez afirmou que o PSdeG o afronta con “tranquilidade” porque Zapatero “deixou os deberes feitos con Galicia” e polo “compromiso demostrado ao longo destes anos”.

Preguntado a través do Twiter pola campaña que realizará o PP e a propaganda da Xunta nos concellos, Vázquez afirmou esperar “xogo sucio e embarrado” por parte do PP porque “esa é a súa tendencia natural, ao igual que a de usar a administración contra os que non pensan como eles”. “Nos vamos falar do que preocupa aos cidadáns mentres o PP, non cabe dúbida, vai usar a administración contra os gobernos de outros partidos”, apuntou.

Mediante o Twiter, os internautas pedíronlle ao líder socialista a súa opinión pola marxinación de Feijóo á cidade de Vigo, ao que Vázquez sinalou que o presidente da Xunta “vive en Vigo, pero ten a cabeza contra Vigo”. Explicou que Feijóo “está preocupado porque haxa lío nos concellos onde non goberna” e advertiu que “os cidadáns lle van pagar coa moeda democrática, a través das urnas, para que saiba que hai que respectar aos que pensan distinto”.

Sobre o PSdeG, Vázquez recibiu preguntas a través do Facebook sobre o acordo de “unha persoa un cargo”, sobre o que recoñeceu que “todos estamos dacordo, pero da traballo poñelo en marcha”. Asegurou que “o día que se presenten as listas para as eleccións xerais nonhaberá xa ninguén con dous cargos institucionais na nosa formación”.

Tamén no Facebook Vázquez recibiu diversas preguntas relacionadas coa sanidade, nas que ratificou a defensa do PSdeG dunha sanidade pública e responsabilizou ao Goberno de Feijóo do incremento das listas de espera “porque temos un goberno que non cre na sanidade pública”. Vázquez tamén foi interpelado a través do Twiter sobre o Estado de Benestar, o que aproveitou para declararse “orgulloso de que os socialistas, con Zapatero á cabeza, consigamos saír desta crise apostando polas políticas sociais”.

Vázquez recibiu ademais varias preguntas a través de Facebook e Twiter relacionadas coa saída da crise e sobre a formación e os recortes de becas aos investigadores. A este respecto o líder socialista apuntou como un dos principais problemas de Galicia “que temos poucos xoves e non apostamos por eles, pola súa formación e coñecemento”. Por elo, avogou por investir en universidades, investigación e innovación “porque non vale dicir que para qué vamos a formar aos mozos e mozas se logo non hai traballo, como fixo Feijóo”.

“Só podemos ser competitivos se temos capacidade tecnolóxica, produtividade e coñecemento”, afirmou Vázquez, polo que considerou que o que está a facer o Goberno galego, por exemplo co desmantelamento do Plan Incite, “é un erro, non só para hoxe, senón para mañá e para o futuro”. “Se non investimos en investigación e innovación é imposible que sexamos competitivos”, sinalou, á vez que afirmou que “o Goberno galego camiña para atrás” e avogou por ter “máis becas e máis investigadores, fomentando plans como o Incite ou similares, porque este é o camiño para saír da crise”.

Preguntado no Twiter pola súa visión da mocidade deste país, Vázquez sinalou que “un dos grandes problemas de Galicia é o envellecemento da poboación, a falla de nacementos e os problemas para fixar á poboación xoven”. Afondou na necesidade de chegar a un gran pacto nesta cuestión “pero o Goberno galego non quere saber nada”, lamentou

Plan Eólico, caixas e "trama Rueda"

Vázquez recibiu no Facebook preguntas sobre o custo que vai supoñer para os galegos e galegas o desmantelamento do Plan Eólico, ao que apuntou que, tal e como avala o TSXG, “o plan eólico era legal” e “o PP tumbouno por unha cuestión ideolóxica”. “Deron un golpe de morte ao plan eólico e vamos ter que pagar ducias de millóns en amortizacións polos recursos que presentarán as empresas” co cal “non só perdemos o tren eólico senón que teremos que poñer diñeiro público para pagar ese ataque ideolóxico do PP”.

Os internautas interesáronse, a través do Facebook, pola opinión do líder socialista sobre o futuro da caixa galega, ao que Vázquez sinalou que “a solvencia da caixa está garantida grazas ao Banco de España, que aportará 2.622 millóns de euros, por un decreto que aprobou o Goberno central”. En todo caso, sinalou que o último informe dunha axencia internacional baixa o rating de NCG, “polo que día tras día comprobamos que ese milagre de fusión de Feijóo foi un erro, e que só serviu para que o presidente se fixese fotos”.

Vázquez tamén recibiu a través do Facebook preguntas sobre a `trama agraria´ denunciada polo PP e sinalou que “disto só quedou o Goberno galego imputado; con dous directores xerais imputados por abuso de poder e dicindo que foron os conselleiros Rueda e Mato quenes armaron este lío”. Referiuse ademais á proposta do Goberno galego para unha comisión de investigación “a cambio de silencio” e sinalou que “nin nos silenciarán nin apoiaremos a súa comisión”. “Este é o maior abuso de poder dende que hai democracia en Galicia. Non se pode dar unha patada na porta dun sindicato e entrar arrasando por cuestións ideolóxicas”, sentenciou.

Interpelado pola situación da lingua galega e como a abordará se chega a gobernar a Xunta, Vázquez apostou pola defensa sen paliativos da lingua propia de Galicia “con absoluta liberdade para quen desexe empregar o galego ou o castelán, como linguas cooficiais que son, pero o galego é a nosa lingua propia”. Por elo considerou que “temos a obriga de defendela en todos os ámbitos”. “Un dos grandes erros destes galeguistas de novo cuño como Feijoo, é que non se pode ser galeguista poñendo o pe no pescozo a lingua propia”.

Vázquez tamén defendeu a educación e a formación como “fundamentais” para convivir en diversidade. En resposta a unha pregunta do Twiter sobre a súa opinión sobre a homofobia, o líder socialista sinalou que o mellor modelo para combatela é “educación, educación e máis educación” e destacou que os concellos socialistas “son un exemplo, coa creación de centros para formar na diversidade”. Engadiu que “hai partidos que van de dialogantes e logo non apostan por isto” e lembrou a importancia que neste sentido ten “algo que ao PP non lle gusta nada, como é a asignatura de educación para a cidadanía”, á que se referiu como “fundamental”.

Vázquez tamén foi interpelado pola súa experiencia nas redes sociais, e concretamente na rede social galega Cabozo. Dixo apostar “firmemente polas redes sociais” e invitou a todas as formacións políticas, sociais e económicas a participar nelas. “Eu síntome cómodo e encantado. E especialmente coa nosa rede social galega, que ten unha visión propia, que en ningún caso está reñida con estar noutras redes”.

Audio entrevista

Fotos da entrevista

32641281A

Artigos relacionados

Deixar a resposta

Pechar