Pachi Vázquez responsabiliza a Feijóo de enviar ao paro a 208 persoas cada día dende a súa toma de posesión

Pachi Vázquez responsabiliza a Feijóo de enviar ao paro a 208 persoas cada día dende a súa toma de posesión

Pachi Vázquez responsabiliza a Feijóo de enviar ao paro a 208 persoas cada día dende a súa toma de posesión

O presidente do Grupo Socialista, Pachi Vázquez, dixo hoxe que Feijóo é “responsable de paralizar este país” logo de constatar que enviou ao paro “sen esperanza nin futuro” a 208 persoas cada día nos primeiros cen días de goberno. Así o dixo na sesión de control do Parlamento, na que lle reclamou que explique por qué o PP galego era a principal fonte de financiamento dos sobresueldos do PP.

O responsable socialista dixo que, “fronte a discursos triunfalistas”, a realidade é que nos 100 primeiros días de goberno hai en Galicia 25.000 persoas mais no paro “sen falar dos mozos e mozas que recorren á maldición crónica da emigración” mentres Feijóo “engana sistematicamente a este país”.

Pachi Vázquez recoñeceulle sen embargo a Feijóo ter sido o primeiro goberno que cobra pola sanidade, polos medicamentos, as ambulancias e a ortopedia, o primeiro que cobra os comedores escolares á metade da poboación. Tamén é o primeiro, lembrou, que ten colapsos sanitarios co falecemento de pacientes ás portas dun hospital mentres reducen o persoal en 1.200 sanitarios ou que pecha os centros de drogodependencias.

Lamentou que a única decisión que teña tomado fora ir a reunirse con Rajoy en Madrid e parafraseou a Alfonso Rueda cando dixo que “para volver cos petos baleiros mellor quedar na casa”.

Preguntou así “con qué Rajoy se foi a reunir, o que garantía que non subiría o IVE, non implantaría copago sanitario e non baixaría as pensións?”. Lembrou os incumprimentos reiterados do presidente do goberno para apuntar que o anuncio do AVE en 2018 supón “tres anos de retraso” mentres a ministra de Fomento negouse en Bruxelas a “falar de datas” para esta infraestrutura.

Engadiu que nestes 100 primeiros días o dique flotante de Ferrol foi paralizado pola Sepi e os cefalopodeiros galegos foron expulsados do caladoiro de Mauritania para cederlles o posto aos chinos. Lembrou que o goberno galego continúa sen garantirlle aos afectados polas preferentes o diñeiro estafado mentres non son capaces de devolver o capital aos inversores de NGB.

Parálise, paro e corrupción

O líder socialista responsabilizou a Feijóo de “construír país sobre tres verbas: parálise, paro e corrupción”, e lembrou que mentres vai a Madrid e fai “declaracións rimbombantes” sobre que Bárcenas “pagará por lo que hizo”, apuntou Vázquez, “o que fixo é presentar uns documentos que afirman que o PPdeG mandaba diñeiro para pagar os sobresueldos do PP”.

Esixiulle ao presidente da Xunta que “explique a este país e a España por qué o PP que vostede preside era a principal fonte de financiamento que mandaba diñeiro en maletíns a Madrid para pagar sobresueldos”.

32641281A

Artigos relacionados

Deixar a resposta

Pechar