Pachi Vázquez responde ao "amaño electoral" de Feijóo propoñendo conservar os 75 deputados co custe de 61 sen vulnerar a soberanía

Pachi Vázquez responde ao "amaño electoral" de Feijóo propoñendo conservar os 75 deputados co custe de 61 sen vulnerar a soberanía

Pachi Vázquez responde ao "amaño electoral" de Feijóo propoñendo conservar os 75 deputados co custe de 61 sen vulnerar a soberanía

O presidente do Grupo Socialista e secretario xeral do PSdeG-PSOE, Pachi Vázquez, respondeu hoxe ao “amaño electoral” proposto por Feijóo propoñendo conservar os 75 deputados pero co custe de 61 “sen eliminar representatividade nin vulnerar a soberanía popular”. Replicoulle así á proposta de supresión de deputados presentada por Feijóo, que considera “o maior atentado contra a democracia e a soberanía popular plantexado no país” para perpetrar un “amaño electoral”.

 

Pachi Vázquez presentou unha proposta alternativa que “preserva a soberanía e o consenso” que lle falta ao presidente da Xunta aforrando 6,4 millóns de euros ao ano, seis veces mais que coa proposta de Feijóo. En cambio, explicou, a iniciativa socialista non elimina deputados mantendo a soberanía popular, a representación cidadá e o equilibro territorial, respecta as regras democráticas e mantén o consenso institucional.

 

O líder dos socialistas galegos lembroulle ao presidente da Xunta que, segundo o Estatuto de Autonomía, Galicia é unha nacionalidade histórica, e considerou a súa proposta “unha traizón a Galicia, a Castelao e a tódolos galegos e galegas ilustres que teñen pelexado na defensa do noso país” e un “ataque á Comunidade Autónoma”.

 

Pachi Vázquez considera “incrible que o principal inimigo de Galicia viva en Montepío e sexa presidente da Xunta”, e que teña chegado “onde non se atreveron nin Albor, nin Laxe, nin Fraga nin Emilio Pérez Touriño”. Dixo que “o mais grave é que o fai para amañar un resultado electoral”, xa que Feijóo “cambia as regras co partido iniciado en vésperas dunhas eleccións que sabe perdidas”.

 

Advertiu que o presidente da Xunta “non vai contar co apoio do PSdeG-PSOE pra rachar con 30 anos de consenso e reducir a calidade da democracia do país” e perpetrar unha “farsa” coa única intención de “converter o Parlamento de Galicia no Parlamento de Núñez Feijóo. Vázquez concluíu que con esta proposta “Feijóo traizoa a Galicia facendo trampas, divide a Galicia e ataca directamente ao Parlamento de Galicia”.

 

Proposta

 

O punto de partida da proposta presentada hoxe por Pachi Vázquez consiste nunha redución salarial para os 75 deputados ata acadar o mesmo aforro que coa redución de 14 escanos pero conservando o número orixinal de representantes. Así sería posible, explicou, manter os 75 deputados e acadar un aforro de un millón de euros ao ano -4 millóns en toda a lexislatura-.

 

Ademais, propón a equiparación salarial da presidenta, os membros da Mesa e os demais deputados, e sinalou que “non é normal que o presidente do Parlamento teña un salario de 108.000 euros ao ano. Ademais propuxo reducir o número de asesores de Presidencia da Xunta de 46 a 15, aforrando 1,5 millóns de euros ao ano.

 

Ademais, o número de asesores das consellerías da Xunta deberá reducirse de 95 a 32, aforrando outros 3,2 millóns de euros cada ano, e propuxo o peche do “palacete” que dispón a Xunta en Madrid, cun aforro adicional de 500.000 euros ao ano.

32641281A

Artigos relacionados

Deixar a resposta

Pechar