Pachi Vázquez reivindica un acordo para equilibrar eficiencia económica e calidade de vida dos cidadáns de pequenos concellos

Pachi Vázquez reivindica un acordo para equilibrar eficiencia económica e calidade de vida dos cidadáns de pequenos concellos

Pachi Vázquez reivindica un acordo para equilibrar eficiencia económica e calidade de vida dos cidadáns de pequenos concellos

O secretario xeral do PSdeG, Pachi Vázquez, reivindicou hoxe un acordo para acadar “un punto de equilibrio entre a eficiencia económica e a mellora da calidade de vida dos cidadáns dos pequenos e medianos concellos”. Así o afirmou antes de manter unha xuntanza con alcaldes e alcaldesas de pequenos e medianos concellos para abordar o debate sobre a nova arquitectura institucional da política local.

“Temos que buscar fórmulas, pero non a costa de que os concellos pequenos vivan peor”, dixo. Contrapuxo así a postura do PSdeG coa do PP: “eles están primeiro falando e logo pensando, nos facemos ao revés, primeiro pensamos e logo falamos”.

Sinalou así que o obxectivo desta reunión é “pulsar cal é a situación dos pequenos e medianos concellos”. “Temos que conseguir un punto de equilibrio entre a eficiencia económica e a mellora da calidade de vida da xente que viven tanto nun sitio pequeno, como nun grande ou mediano”, dixo.

“Cambian os tempos pero n

on as necesidades da xente, e non poden pagar os pratos rotos da eficiencia económica os que viven nos concellos pequenos”, sinalou Vázquez.

Avogou para elo por constituír unha Comisión no Parlamento e analizar a situación e o novo modelo, petición que xa o PSdeG presentou no seu día “pero o PP non quere falar disto”.

Deputacións
Preguntado sobre o papel das deputacións, afirmou que probablemente deben desaparecer “pero non deixando á intemperie aos concellos pequenos”.

Por elo, defendeu a necesidade de facer propostas complementarias, pero non “dicir unha cousa e logo facer a contraria”. “Os concellos e deputacións están para mellorar a calidade de vida dos cidadás. Empecemos por garantir esa calidade de vida e despois vaiamos reconstruíndo o novo modelo institucional”.

Estas propostas, que formarán parte da Ponencia Marco do PSdeG “teñen que ter como prioridade ás persoas, o que interesa é que un cidadán de Lobios ou Pedrafita teña as mesmas garantías que o de calquera outro sitio”, apuntou.

“Os socialistas garantiremos sempre que o primeiro son as persoas, e que as persoas que viven nos concellos pequenos teñen os mesmos dereitos que as que viven en concellos grandes”, remachou.

Desbotou así o “economicismo do PP de sacalo todo, porque entón quen lle garante os servizos aos concellos? Iso é o que hai que falar”, concluíu.

zp8497586rq

32641281A

Artigos relacionados

Pechar