Pachi Vázquez dedica a vitoria á militancia anónima e avoga por un partido unido

Pachi Vázquez dedica a vitoria á militancia anónima e avoga por un partido unido

Pachi Vázquez dedica a vitoria á militancia anónima e avoga por un partido unido

Pachi Vázquez foi reelexido secretario Xeral do PSdeG no 12 Congreso por un 53,8% dos votos -245 fronte aos 212 da candidata Elena Espinosa-.

Na súa intervención tras a proclamación como secretario Xeral, Vázquez agradeceu a confianza depositada polos delegados e delegadas, e lanzou como primeira mensaxe a da unidade.

“Dende agora mesmo xa non hai dúas candidaturas. Hai un partido unido, que ten que traballar unido”, proclamou.

“Si estamos xuntos é

posible que consigamos alternar o goberno en Galicia”, apuntou, para acto seguido dedicar a súa vitoria “aos miles de militantes anónimos deste partido”.

“Son homes e mulleres que ninguén coñece, que non saen nos xornais, que nunca falan e sempre traballan, que sempre que hai que dar a cara polo partido son os primeiros, que nunca piden nada pero sempre o dan todo por este partido dende hai moitísimos anos”, sinalou.

A eles dirixiu o seu compromiso tras acadar a secretaría Xeral. “Comprométome a traballar día e noite para tratar de sacar adiante este partido”, dixo.

Vázquez concluíu a súa intervención avogando pola unidade do PSdeG. “Pasou o momento da discusión e o debate. O único que nos ten que unir agora é o esforzo, o traballo, e o compromiso co PSdeG e co PSOE; con Galicia e con España”, remachou.

zp8497586rq

32641281A

Artigos relacionados

Pechar