Pachi Vázquez reclámalle formalmente a Feijoo o contrato con PEMEX

Pachi Vázquez reclámalle formalmente a Feijoo o contrato con PEMEX

Pachi Vázquez reclámalle formalmente a Feijoo o contrato con PEMEX

O candidato socialista á presidencia da Xunta, Pachi Vázquez, reclamoulle formalmente a Feijóo o contrato asinado con Pemex para a construción de buques en Galicia. Así o dixo hoxe logo dunha xuntanza con asociacións sociais e na visita ás obras paralizadas da Autovía Carballo – Berdoias, onde denunciou o “engano masivo” e a “falla de escrúpulos” do candidato do PP cos traballadores galegos.

Pachi Vázquez remitiulle hoxe unha carta ao presidente da Xunta na que lle insta a poñer o contrato con Pemex a disposición de tódolos galegos e galegas a través da web da Xunta. O candidato socialista comprometeuse a “non parar ata que os galegos e galegas coñezan eses contratos e saibamos a verdade sobre Pemex”.

Así o dixo logo de constatar, hoxe, que a empresa mexicana volvera negar hoxe mesmo, por boca do director de Pemex Explotación e Produción –PEP-, Carlos Morales Gil. Este directivo negou a asignación dos contratos a Galicia e explicou que no seu lugar fixeron “unha consulta de cotización entre 21 empresas”.

Vázquez fixo estas declaracións en Culleredo donde participou nunha reunión con diferentes asociacións desta vila coruñesa. No encontro estivo acompañado polo Alcalde da localidade, Julio Sacristan, o candidato numero un da provincia, Francisco Caamaño, ademais de diversos cargos da comarca.

O candidato socialista dixo que “nós temos propostas e así é como se crea emprego, e non con enganos e mentiras masivas, como o de Feijóo con Pemex”. Así o dixo Pachi Vázquez logo dun encontro con asociacións cidadás, deportivas e culturais celebrado hoxe en Culleredo, no que presentou a proposta socialista para impulsar o emprego e “cambiar a economía do sufrimento pola economía do crecemento”.

Sinalou que “o noso principal problema é o principal problema dos galegos e das galegas, que é o emprego”, e censurou que o candidato do PP “non quere falar de emprego porque non quere falar dos problemas de Galicia”.

Lembrou que o balance de catro anos de Feijóo foi facer que o paro crecera en Galicia un 70 por cento fronte ao 40 por cento que medrou no resto do Estado. Pachi Vázquez propuxo a posta en marcha dun Plan de Emprego xuvenil para 25.000 mozos e mozas de menos de 30 anos, así como un programa de emprego para 15.000 parados de longa duración e para 10.000 mulleres galegas.

Autovía da Costa da Morte

O candidato socialista visitou tamén pola maña as obras paralizadas polo Goberno de Feijoo da autovía Carballo-Verdoais. Acompañado de numerosos veciños, os alcaldes de Camarariñas e Muxia, e do candidato Francisco Caamaaño. Dixo que os recortes, retrasos e paralizacións das infraestruturas galegas provocan a perda de 15.000 empregos en Galicia. Así o dixo logo dunha marcha organizada polos socialistas de Bergantiños polas obras paralizadas da autovía Carballo – Verdoias, que tivo lugar durante toda a mañá para rematar en Baio.

Denunciou que o Goberno do PP esta “paralizando á obra publica, despedindo á xente e cerrando empresas porque a Xunta de Galicia non paga”. E advertiu “que as certificacións que emite o Goberno galego non as admiten os bancos, e eso chamase ir en contra este pais”. Afirma que “cando activas as obras publicas xeras comunicación, economía e emprego e recursos, pero seguir enganado a este pais leva a mais paro e a mais recesión”.

Vázquez sinalou que a autovía da Costa da Morte supón un “triple engano”, ao acumular un “amaño” que provocou o cese da directora xeral de Infraestruturas da Xunta cun sobre custe de 225 millóns de euros e a “vergoña” dun retraso inxustificable de dous anos na execución desta obra.

O líder dos socialistas galegos salientou a ironía de denominar “Move” ao plan de infraestruturas da Xunta que, cos actuais retrasos e paralizacións, tardará 50 anos en cumprirse. Explicou que mentres a Xunta anunciaba un investimento de 4.265 millóns de euros e a creación de 71.000 empregos ata 2015 a realidade é que no que vai de 2012 só licitou 60 millóns de euros.

Dixo que Feijóo reduciu un 85 por cento as licitacións nesta lexislatura, reducindo os investimentos para o AVE nun 23,4 por cento polo que “onde o plan Move di 2015 debería dicir 2065”.

32641281A

Deixar a resposta

Pechar