Pachi Vázquez reclama dende Ferraz unha fronte común en defensa dos estaleiros

Pachi Vázquez reclama dende Ferraz unha fronte común en defensa dos estaleiros

Pachi Vázquez reclama dende Ferraz unha fronte común en defensa dos estaleiros

O secretario xeral do PSdeG-PSOE, Pachi Vázquez, propuxo na Executiva Federal do PSOE, transmitir unha petición unánime aos gobernos central e autonómicos para que presionen ao colexio de comisarios da UE, onde unha maioría conservadora ten que resolver o próximo día 17 sobre a proposta de Almunia sobre o naval “que traizoa claramente a Galicia, Euskadi, Asturias e España”.

A proposta dos socialistas galegos, vascos e asturianos, que foi aprobada pola executiva socialista, insta a acadar a unidade fronte ao informe presentado polo comisario Almunia que obrigaría a pagar as axudas do tax lease e que suporía a “puntilla” para un sector “agonizante”. O responsable socialista desacreditou a proposta de Almunia, elaborada “de parte” a favor dos intereses de Holanda.

O líder dos socialistas galegos reclamoulle ao presidente da Xunta un Pleno extraordinario no Parlamento de Galicia antes do día 17 para “falar do sector naval, darlle voz a un sector clave estratéxico para Galicia e recordarlle a España e á UE que Galicia está unida na defensa dun sector estratéxico para a nosa economía”.

Instou ao PP a aceptar este Pleno polo que os deputados e deputadas non cobrarían para “defender a un sector clave e dicirlle á UE que non se pode construír Europa destruíndo Galicia e España”. Sinalou que o Parlamento de Galicia, como sede da soberanía popular, é o lugar onde se debe acadar a unidade na defensa dun sector vital para a economía galega.

Advertiu que “hai tempo” para acadar unha resposta que permita a subsistencia do sector naval galego, e dixo que “os informes xurídicos combátense con informes xurídicos”, e reclamou unha resolución “como a de Francia”. Instou a transmitirlles aos comisarios comunitarios que “teñan información e saiban que retirarlle 3.000 millóns de euros a un sector xa agonizante supón que o naval non ten ningunha posibilidade”.

Feijóo

O responsable socialista dixo tamén que “da mesma maneira que lle pido a Almunia que dimita antes de presentar o informe pídolle a Feijóo que deixe de mentir sobre Pemex, sobre o dique flotante e sobre a carga de traballo dos estaleiros e que nos unamos todos para defender a un sector clave para Galicia”.

Advertiu que tanto Almunia como Feijóo están a ser “dúas persoas clave para o futuro do naval galego, a primeira co seu informe sobre o tax lease e o presidente da Xunta “cos enganos de Pemex, a mentira do dique flotante e coa completa ausencia de carga de traballo para Navantia”.

32641281A

Artigos relacionados

Deixar a resposta

Pechar