Pachi Vázquez reclama ao PP “que deixe de enganar masivamente”, agora sobre as pensións, e advirte que tras o 21 de outubro irán a por elas

Pachi Vázquez reclama ao PP “que deixe de enganar masivamente”, agora sobre as pensións, e advirte que tras o 21 de outubro irán a por elas

Pachi Vázquez reclama ao PP “que deixe de enganar masivamente”, agora sobre as pensións, e advirte que tras o 21 de outubro irán a por elas

O candidato socialista á presidencia da Xunta, Pachi Vázquez, reclamoulle ao PP “que deixe de enganar aos cidadáns” e advertiu que “teñen en marcha un novo engano masivo: van a polas pensións”.

Nun encontro con maiores, no que participaron o cabeza de lista por A Coruña, Francisco Caamaño, a secretaria de Política Social do PSOE, Trinidad Jiménez, e a secretaria xeral da agrupación da Coruña, Mar Barcón, Vázquez salientou que “nesta crise non entramos por culpa da sanidade, nin da educación nin das pensións, senón por un sistema financeiro especulativo”.

Destacou por elo que o camiño que está a escoller o goberno conduce “ao abismo social” e lembrou que as políticas do PP “están a castigar aos nosos pensionistas, recortando dereitos aos que menos teñen”, algo que afecta especialmente a Galicia, que é a comunidade coas pensións máis baixas.

Por elo advertiu que “o 21 de Outubro nos xogamos máis que unhas eleccións, nos xogamos un modelo de vida e de país”.

Advertiu que os orzamentos do Goberno central “son un adianto do que van facer Rajoy e Feijóo, que é ir a polas pensións”.

“Este é o enésimo engano masivo do PP, din que van subir as pensións un 1% co fondo de reserva, pero en realidade van baixar un 3,5% ao non actualizar as inflaccións”, advertiu Pachi Vázquez.

Lembrou que Feijóo “sabe que isto vai pasar, pero non ten ningún recato en mentir e enganar”. “Feijóo converteuse nun especialista na letra pequena dos contratos, e non tivo ningún reparo en retransmitir a sinatura do contrato con Pemex, e días despois comprobamos que non hai tal contrato”, lembrou.

Fronte a isto apuntou que os socialistas “non temos grandes promesas nin palabras bonitas. A situación é durísima pero hai outro camiño. Podemos facerlle pagar a crise a quen nos meteu nela e non ás vítimas dela”.

“Non podemos saír da crise exprimindo aos pensionistas, enfermos, estudiantes e parados”, proclamou Vázquez, á vez que defendeu “outro camiño” comprometéndose a varias medidas que teñen como denominador común blindar as políticas sociais, recortar o gasto improdutivo e incrementar os impostos aos que máis teñen.

Sanidade e Impostos

Pachi Vázquez criticou que Feijóo “presuma de aforro no gasto farmacéutico” xa que “aforra a Xunta, pero os que pagan son os nosos maiores”.

Por elo, comprometeuse nos primeiros cen días de goberno a eliminar o copago farmacéutico, lembrando que “o cobro das medicinas aos pensionistas supón un ingreso de 33 millóns de euros ao ano e a sanidade galega costa 3.500 millóns”.

Sinalou que “a sanidade pública non é cara, o problema é ideolóxico, porque o PP ve a sanidade como un negocio e por iso quere desmantelala”.

Apuntou ademais que o modelo de Feijóo “de facer máis con menos, era mentira, porque para facer máis hai que ter máis, e necesitamos sacar de onde máis hai”.

Avogou así por incrementar os impostos á banca, ás grandes fortunas e as grandes áreas comerciais. “O imposto á banca xenerará 52 millóns de euros, e é unha fórmula para que en vez de que paguen as vítimas da crise o fagan os responsables dela”, subliñou.

Pachi Vázquez apuntou que para poñer en marcha a economía produtiva é necesario crear emprego e ser competitivos. “Temos que empezar a mover a roda do emprego, porque un país onde un de cada dous mozos está no paro é un país morto”, sentenciou.

Engano das preferentes

A esta xuntanza asistiu ademais un grupo de xubilados afectados polas preferentes, cos que se comprometeu a manter unha xuntanza nos primeiros cen días de goberno. Afirmou ademais que “se asumo a responsabilidade de gobernar este país, un elemento central a resolver será o sistema financeiro galego, pero sen deixar fora aos 43.000 aforradores galegos que foron enganados polas participacións preferentes”.

“Non vale esconderse, todos xuntos temos que resolver este problema”, afirmou, tras comprometerse cos afectados polas preferentes asistentes a este encontro a que a súa primeira reunión como presidente da Xunta será con eles.

32641281A

Deixar a resposta

Pechar