Pachi Vázquez reclama a Feijóo que goberne “dando a cara” e que blinde sanidade e educación públicas ou ben convoque eleccións

Pachi Vázquez reclama a Feijóo que goberne “dando a cara” e que blinde sanidade e educación públicas ou ben convoque eleccións

Pachi Vázquez reclama a Feijóo que goberne “dando a cara” e que blinde sanidade e educación públicas ou ben convoque eleccións

Acusa ao presidente da Xunta de “agocharse” mentres 700.000 galegos e galegas saen ás rúas en marzo para protestar polas políticas dos gobernos central e galego

Sostén que a petición conxunta de comparecencia de Feijoo por parte de PSdeG e BNG marca un punto de inflexión: “os que representamos a 5.000 persoas máis que o PP lle pedimos que diga alto e claro cal é a súa ruta”

Pachi Vázquez cree probado que “en Galicia xa so hai dous partidos que creen que outro modelo é posible e un, o PP, enrocado en seguir polo mesmo camiño, o dos recortes”

O secretario xeral do PSdeG-PSOE, Pachi Vázquez, reclamoulle ao presidente da Xunta que goberne “dando a cara” e “blindar” a sanidade e a educación públicas “ou ben convocar eleccións”. Logo da xuntanza da Permanente da Executiva do PSdeG, dixo que Feijóo debe explicar na Cámara autonómica os seus recortes en sanidade e educación e dar conta da débeda de 1.200 millóns de euros en facturas “que di que pagou pero que ninguén coñece.

O responsable socialista dixo que, malia que o “normal” sería que un presidente con maioría absoluta, como é Feijóo, traballe por Galicia e remate a lexislatura, pero “cando hai un presidente da Xunta que se rendeu, que dobrou a rodilla, que non resolve un só dos problemas de Galicia mais que dicir que hai que recortar, recortar e recortar creo que debería de haber adianto electoral”.

Pachi Vázquez anunciou esta solicitude de comparecencia presentada conxuntamente polos socialistas e o BNG na Xunta de Portavoces do Parlamento celebrada hoxe. Explicou que “é o momento de traballar unidos” para salvar os servizos públicos en nome dos galegos e galegas que votaron a PSdeG e BNG, que foron, lembrou, 5.000 mais que os que votaron a Feijóo.

O líder dos socialistas galegos advertiu que o presidente da Xunta “continúa agochándose” e “esconde datos” sobre o Plan de Axuste presentado a De Guindos mentres 700.000 galegos e galegas saíron ás rúas nas diversas manifestacións do mes de marzo en contra das políticas do PP.

Sinalou que “nunca se teñen dado en Galicia” protestas como as reflectidas en contra da reforma laboral -500.000 persoas-, os recortes en sanidade e educación -70.000 persoas- ou nas de onte en defensa do emprego -120.000 galegos e galegas-. Reclamoulle a Feijóo que “abandone o dobre discurso” de apoiar en Madrid as políticas de Rajoy para a continuación dicir en Galicia que vai limitar a súa aplicación.

“A maioría cree que os gobernos de Galicia e España están na ruta equivocada, que hai un modelo distinto, una política alternativa, que hai que ir a novas fiscalidades”, explicou os secretario xeral dos socialistas galegos. Pachi Vázquez contrapuxo esta actitude coa do presidente galego “que se esconde, que acaba de enviar a Madrid o plan de axustes para reducir o déficit e aínda non llo comunicou aos galegos”.

Por eso, instistiu na necesidade da comparecencia de Feijoo: “os recortes xa están decididos e enviados a Madrid, así que ten que tar a cara, ten que deixar o dobre discurso”.

“Esta iniciativa conxunta -engadiu Pachi Vázquez- marca un punto de inflexión. Os que representamos a 5.000 votantes máis que o PP (PSdeG e BNG) lle pedimos alto e claro a Feijoo que explique a súa folla de ruta. Os cidadáns están demandando que fagamos política por encima dos partidos ante o drama que vive o país, pero en Galicia, dos tres partidos, xa so hai dous que creen que outro modelo é posible e un, o PP, enrocado en seguir polo mesmo camiño, o dos recortes”.

Campaña de actos

Por todo elo, Pachi Vázquez anunciou unha campaña de actos nas sete principais cidades de Galicia para defender “a ultranza” unha sanidade pública “viable e rendible” e a educación pública que, dixo, “non son as responsables da crise económica” e polo tanto non teñen que pagala. Dixo que “non teñen por qué cobrar o dez por cento aos pensionistas nun copago que é inxusto, ineficaz e non resolve nada”.

Explicou que “si fan fallan novos fondos para manter o sistema público, nos sabemos de onde sacalos”, e apuntou a unha fiscalidade proporcional en función dos ingresos, máis xusta e equitativa. Reclamoulle ao presidente da Xunta que diga “alto e claro” a súa ruta para salvar a crise económica logo de que os socialistas teñan plantexado no Parlamento o seu modelo económico alternativo.

O responsable socialista advertiu que a deriva dos gobernos central e autonómico seguindo o modelo neoliberal de Alemaña só anticipa “maior destrución de emprego e mais recortes para destruír a base do Estado do Benestar”. Por este motivo anunciou a “defensa a ultranza” da sanidade e a educación públicas por parte dos socialistas galegos, en contraposición ao modelo do PP, que pretende a desaparición do público.

“Pretenden dividir a sociedade en dous grupos: o dos que poden pagar a sanidade, a educación, as taxas universitarias, as autovías... e o grupo dos que non poden pagar, que son a inmensa maioría”, rematou.

32641281A

Artigos relacionados

Deixar a resposta

Pechar