Pachi Vázquez reclama a Feijóo que convoque aos partidos para blindar as políticas sociais

Pachi Vázquez reclama a Feijóo que convoque aos partidos para blindar as políticas sociais

Pachi Vázquez reclama a Feijóo que convoque aos partidos para blindar as políticas sociais

O presidente do Grupo Socialista, Pachi Vázquez, reclamoulle a Feijóo que convoque de urxencia ás forzas políticas para acordar propostas contra o desemprego e blindar as políticas sociais. Así o dixo na sesión de control ao presidente, na que advertiu do “clamor” social contra a xestión de Feijóo.

O responsable socialista sinalou que Feijóo “pasará á historia por ser o primeiro presidente co que os galegos cada vez viven peor” e reclamoulle “que exerza de presidente” convocando aos partidos políticos porque “queremos colaborar; xa que vostede non ten solucións, nos si que as temos”. Lembrou, ademais, que “quen ten que convocar a esa reunión é o goberno, non a oposición”. “Exerza de presidente”, lle reiterou.

Criticou que Feijóo teña asumido a súa “impotencia” como presidente e advertiu que “pasará á historia por destrozar a Galicia do Benestar e fundir a economía de Galicia”. Dixo que “malia que maquille as cifras do paro, cree a clave S-698 –para alterar os datos de desemprego- e tape as listas de espera, a realidade é que a calle está fervendo e vostede está desaparecido”.

Pachi Vázquez acusou ao presidente da Xunta de levar “dous meses agochado”, en alusión a que Feijóo estivo ata hoxe un total de 55 días sen intervir na Cámara autonómica. Criticou que “non ten proxecto económico para o país” mentres cada mes supera os récords de desemprego, que medra o dobre que en España, e o Índice de Produción Industrial descende 4 veces mais.

Engadiu que “pode seguir contando as mentiras que queira, pero hai un clamor na calle, nos medios de comunicación, na sanidade, a educación, os dependentes, os funcionarios, os concellos e os sectores económicos” que sinalan que “o seu goberno é un fracaso”. Lembrou que nos últimos anos recortou 1.240 millóns de euros nas políticas sociais, malia o cal “segue vindo a manipular os datos”.

Lembrou que mesmo os medios de comunicación “definen moi ben cal é o goberno galego, que non da nin explicacións, nin ten estratexia nin fai propósito de emenda” mentres estreita os servizos sociais e converte en “famélicas” ás clases medias.

Sinalou que as enquisas sinalan que a maioría dos galegos desaproba as políticas de recortes de Feijóo, e os sindicatos confirman a caída de prestacións e os recortes sociais.

Sanidade

Apuntou que os sindicatos e colexios médicos “dinlle claramente cal é a realidade de dedicar dous minutos por consulta e aumentar as listas de espera a 7 ou 8 días”. Citou así as protestas dos colexios médicos, que onte mesmo criticaron a deriva de operacións aos centros concertados, o incremento de esperas, non se cobren as baixas e hai escaseza de persoal.

Lamentou que “mentres, vostede di que vai cobrar as comidas, as duchas e o resto dos servizos hospitalarios” implantando un “xogo de dualidade de prestacións”. Acusouno de “apostar claramente polo copago na sanidade e nas prestacións farmacéuticas”, obrigando a “un xubilado que cobra 532,21 euros teña que copagar un 10 por cento, como na Coruña”.

32641281A

Artigos relacionados

Deixar a resposta

Pechar